Guia docente 2015_16
Facultade de CC. Sociais e da Comunicación
Grao en Dirección e Xestión Pública
 Materias
  Metodoloxías e técnicas de investigación social aplicadas ás administracións públicas
   Contidos
Tema Subtema
1. A Ciencia como paradigma cognitivo e a condición científica das Ciencias Sociais. Ontoloxía, epistemoloxía e metodoloxía da Ciencia. A pluralidade metodolóxica.
2. A investigación como proceso; deseños e estratexias. A formulación e a operacionalización do problema. Deseños e estratexias.
3. As técnicas cualitativas de investigación. A observación e a escolma documental. A entrevista e as técnicas grupais.
4. Deseño de enquisas. Fases no deseño dunha enquisa. Identificación do problema e obxectivos. Elaboración do cuestionario. Deseño da mostra. Introdución de datos. Análise da información. Ficha técnica. Elaboración do informe.
5. As técnicas cuantitativas de investigación. Poboación e mostra. Tipos de mostraxe. Nivel de confianza, erro e tamaño da mostra. Poboacións finitas e infinitas.
6. Informática aplicada á resolución de casos prácticos. Uso dos programas Excel e Dyane para a aplicación dos conceptos e técnicas á resolución de exercicios e casos prácticos.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000