Guia docente 2015_16
Facultade de CC. Sociais e da Comunicación
Grao en Dirección e Xestión Pública
 Materias
  Gobernos locais
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2015_16
Materia Gobernos locais Código P04G090V01502
Titulación
Grao en Dirección e Xestión Pública
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 OB 3 1c
Lingua de impartición
Galego
Prerrequisitos
Departamento Socioloxía, ciencia política e da administración e filosofía
Coordinador/a
López Mira, Álvaro Xosé
Correo-e almira@uvigo.es
Profesorado
López Mira, Álvaro Xosé
Web http://faitic.uvigo.es/
Descrición xeral Os Gobernos e Administracións Locais configúranse desde o século XIX como un dos elementos político-administrativos permanentes en España. Ao longo do século XX estes continuaron o seu labor no marco dun Estado Liberal, prestando servizos propios dese modelo de Estado e consolidándose como unha organización de referencia e lexitimidade do sistema político español xa na época contemporánea.

Con motivo da aprobación da Carta Magna en 1978 e a consolidación do Estado das Autonomías, as Administracións Locais, ao longo dos anos 80 e parte dos 90, foron evolucionando cara a modelos de organización prestadora de servizos en paralelo ao desenvolvemento das Administracións Autonómicas, organizacións que ostentaron desde entón a lexitimidade como institución política de referencia.

A finais dos anos 90 e froito da consolidación do modelo autonómico, da profundización no marco intergobernamental comunitario, e da necesidade de profundar nos elementos de lexitimidade institucional e por rendementos das organizacións públicas españolas (independentemente do seu nivel territorial de actuación), as Administracións Locais iniciaron unha serie de procesos de transformación que se funden no denominado Pacto Local, enmarcado nos movementos de rexeneración democrática local europeos (baseados no principio da subsidiariedade e descentralización), coa pretensión de recolocar a estas Administracións Locais como organizacións político-administrativas na esfera de lexitimidade e produción-provisión de bens e servizos aos cidadáns-administrados.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000