Guia docente 2023_24
Facultade de Comunicación
Grao en Comunicación Audiovisual
 Materias
  Creación audiovisual en novos medios
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado PROXECTO 1: Fragmentación en tríptico e adaptación en
tempo real dun discurso cinematográfico lineal
30 B2
B3
B4
C11
C16
C21
D3
D4
Traballo tutelado PROXECTO 2:Deseño, produción e posta en escena dun
proxecto de creación audiovisual en tempo real.
30 B2
B3
B4
C11
C16
C21
D3
D4
Presentación Presentación das ideas dos proxectos 10 B2
B3
B4
C11
C16
C21
D2
D3
D4
Estudo de casos Desenvolvemento dunha análise a propósito de unha peza
de Novos Medios
20 B2
B3
B4
C11
C16
C21
D2
D3
D4
Proxecto Making of do proxecto 2 10 B2
B3
B4
C11
C16
C21
D2
D3
D4
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A información sobre as
probas de avaliación, o seu formato, extensión, rúbrica de avaliación e canles
de entrega serán detalladas a través da plataforma Moovi. É responsabilidade do
alumno ou alumna estar atento á información subida e recompilar a información
específica e complementaria que sexa precisa para superar a materia.

 

AVALIACIÓN CONTINUA        

 

Será obrigatoria a
asistencia ás sesións prácticas nun 70% para cada un dos dous proxectos de que
inclúe a materia.

 

Para aprobar é necesario
conseguir alcanzar un aprobado tanto na “Estudo de casos” como na media dos proxectos
entregados. As entregas fóra de data, están suxeitos a unha redución do 50% da
cualificación dese traballo.

 

 

SEGUNDA OPORTUNIDADE E
FIN DE CARRERA

 

O alumnado que teña
aprobada algunha das partes da materia (a parte práctica: que contempla a media
dos dous proxectos ou a parte teórica: proba de Estudos de caso), poderán
conservar a nota e só terán que presentarse á parte suspensa.

 

Para superar a materia en
segunda oportunidade será necesario aprobar o estudo de caso e/o entregar o
proxecto 1 en formato tempo real de forma individual. No caso do alumnado co
bloque práctico suspenso, propoñeráselle a realización dunha serie de
modificacións sobre o proxecto 1 mostrado, que deberá realizarse no tempo
establecido polo docente, non superior a tres horas.

 

 

SISTEMA DE AVALIACIÓN
GLOBAL

 

A avaliación global da
materia comprende un bloque teórico e un práctico cunha duración global de 5
horas. Será obrigatorio aprobar cada unha das partes de cada un dos bloques
para superar a materia:

 

O bloque teórico, cunha
duración de dúas horas, comprende análise de dúas pezas de novos medios propostos
durante o cuadrimestre e dacordo cos criterios de análise aplicados durante o
curso. Este bloque pondera un 40% da nota final.

 

O bloque práctico, cunha
duración de 3 horas, parte dunha proposta en tempo real de apropiación dun dos
filmes propostos durante o curso xunto cunha peza de making off explicando as
decisións adoptadas e aportando material do proceso de traballo. Despois da
primeira exposición en tempo real solicitaranse cambios que deben ser aplicados
e expostos no tempo restante. Este bloque pondera un 60% da nota final.

 

 

É responsabilidade do
alumnado de avaliación global acceder a Moovi para consultar as fontes de información
e académicas relativas á materia. En ningún caso terá dereito a recibir
docencia durante as sesións de titoría, que estarán encamiñadas unicamente á
resolución de dúbidas.

 

A data da proba da
avaliación global coincidirá coas probas do exame oficial en primeira e segunda
convocatoria.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000