Guia docente 2023_24
Facultade de Comunicación
Grao en Comunicación Audiovisual
 Materias
  Guión, produción e realización de programas de entretemento
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Prácticas de laboratorio No sistema de traballo analizarase a progresión do alumno na realización da documentación
implicada no proceso de gravación no laboratorio, e a súa actuación no propio laboratorio no momento de gravación das pezas audiovisuais, atendendo á planificación. Valorarase a súa habilidade para enfocar e solucionar imprevistos e problemas técnicos no laboratorio.
Saídas de estudo Analizarase a progresión reflectida no resultado dos contidos e baseada na
documentación que planifica as saídas.
Lección maxistral Exposición por parte do profesor dos contidos da materia obxecto de estudo, bases teóricas e/ou liñamentos dun traballo, exercicio que ha de desenvolver o el alumnado.
Traballo tutelado Preparacións de escritas de guións, escaletas, plans de traballo, deseños de produción, etc.

Atención personalizada
Simulación O alumnado realiza actividades nas que reproduce ou presenta formatos de entretemento,destacando os aspectos máis importantes da súa execución e planificación, seguindo modelos televisivos, ou de nova creación.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000