Guia docente 2023_24
Facultade de Comunicación
Grao en Comunicación Audiovisual
 Materias
  Análise e crítica audiovisual
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado O alumnado debe realizar críticas en formato escrito sobre as obras indicadas e segundo as pautas definidas pola docente. 40 B1
B3
B4
B5
B7
C13
C14
D2
Exame de preguntas obxectivas Proba de exame oral ou escrita. 40 B1
C13
C14
D2
Observación sistemática Avaliación da presenza do alumnado na aula e participación activa nas sesións 20 B1
B3
B4
B5
B7
D2
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

AVALIACIÓN
CONTINUA

Avaliación
baseada na participación activa do alumno e na entrega dos traballos requiridos
ao longo do curso. Avaliación global do proceso de aprendizaxe e adquisición de
competencias e coñecementos a través de probas presenciais nas datas oficiais
aprobadas polo centro Será preciso obter polo menos un 50% da puntuación total
de todas as partes avaliables para superar a materia.

AVALIACIÓN
GLOBAL

O alumnado
deberá informar o docente da súa renuncia expresa ao sistema de avaliación
continúa no prazo establecido polo centro para tal fin, achegando cuberto e
asinado o documento habilitado para tal fin.

A proba de
avaliación global realizarase na data e horarios previstos polo centro no
calendario de exames oficial. O estudante deberá superar todas e cada unha das
probas de avaliación previstas que se detallan a continuación obtendo unha
cualificación mínima do 50% en cada unha delas. Dada a extensión das probas o
alumnado que se acolla a avaliación global deberá dispoñer de 4 horas para a
realización das mesmas a partir da hora oficial de inicio do exame da materia
segundo o calendario oficial.

Breve
descrición das probas

Proba 1. Exame
de preguntas obxectivas. A proba ten un valor do 40% sobre o total da nota
sendo preciso obter unha cualificación mínima do 50% da mesma para aprobar esta
parte.

Proba 2.
Traballo I. Realización das críticas audiovisuais a realizar na avaliación
continua seguindo as pautas definidas polo docente. O conxunto dos
traballos ten un valor do 20% sobre o total da cualificación. Debe obterse unha
cualificación mínima do 50% en cada un dos traballos para superar esta parte. Os traballos serán entregados na data e
horario do exame. O detalle dos contidos dos traballos, metodoloxías e
criterios de avaliación serán facilitados aos estudantes de avaliación global
unha vez finalizado o prazo de renuncia expresa á avaliación continua. Proba 3.

Traballo
II. Realización das críticas audiovisual das obras proxectadas na materia
seguindo as pautas definidas polo docente. Ten un valor do 40% sobre o
total da cualificación. Debe obterse unha cualificación mínima do 50% para
superar esta parte. Será entregado na data e horario do exame. O detalle dos
contidos, metodoloxías e criterios de avaliación serán facilitados aos
estudantes de avaliación global unha vez finalizado o prazo de renuncia expresa
á avaliación continua.

Resumo das probas e porcentaxe de valoración global
do conxunto de tarefas:

Proba 1. Resolución de problemas ou exercicios. Proba
de exame. Valoración do 40% sobre o total da nota.

Proba 2. Traballo I. Valoración do 20% sobre o total
da nota.

Proba 3. Traballo II. Valoración do 40% sobre o total
da nota. Os estudantes deberán obter unha cualificación mínima do 50% en todas
as probas para superar a materia.

 

A información
sobre as probas de avaliación, o seu formato, extensión, rúbrica de avaliación
e canles de entrega serán detalladas a través da plataforma Moovi. É
responsabilidade do alumno ou alumna estar atento á información subida e
recompilar a información específica e complementaria que sexa precisa para
superar a materia.

 

SEGUNDA
OPORTUNIDADE

O sistema
de avaliación é o mesmo en todas as convocatorias.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000