Guia docente 2023_24
Facultade de Comunicación
Grao en Comunicación Audiovisual
 Materias
  Guión, produción e realización de informativos
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas
Avaliación contínua individual do alumno no desenvolvemento dos traballos individuais e en equipo.
15 B3
C19
C21
D3
Prácticas de laboratorio
PRÁCTICAS I. Avaliación dos traballos prácticos e proxectos que vai resolvendo o alumno durante o curso
35 B3
B4
C13
C19
C23
D2
D3
Práctica de laboratorio PRÁCTICAS II. Proba práctica final a realizar no mes de xaneiro na que os alumnos en equipos de dous compoñentes deberán guionizar, producir, realizar e montar de maneira correcta unha peza informativa. 25 B3
B4
C13
C19
C21
C23
D2
D3
D4
Exame de preguntas obxectivas Examen final dos contidos teóricos incluidos no programa da materia 25 B6
C19
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumno poderá optar a dous tipos de cualificación: avaliación continua e avaliación global

1-    Avaliación continua:

A asistencia as clases teóricas e prácticas é totalmente obrigatoria. Para obter o aprobado é necesario superar a metade da porcentaxe do exame teórico, do exame práctico e das prácticas obrigatorias. Será motivo de avaliación negativa a copia, o plaxio, a reprodución de obras creativas de outros autores ou non participar co seu equipo nalgunha das prácticas.

Aplicaranse as porcentaxes e conceptos anteriores (Resolución de problemas, Prácticas I, Prácticas II, examen final). A nota final será a nota media dos 3 apartados, segundo as súas porcentaxes relativas. Conservaranse as cualificacións das partes aprobadas para a seguinte convocatoria.

Na segunda oportunidade aplicaranse os mesmos criterios. Todos os detalles referidos á avaliación continua, Prácticas I, Prácticas II, examen final cos seus correpondentes calendarios de entrega, os criterios de corrección, así como as cualificacións, publicaranse na plataforma MOOVI. Será responsabilidade do alumno estar ao cabo desta información, xa que non se facilitará por ningún outro medio.

2 - Avaliación global:

De conformidade co disposto no Regulamento de avaliación, cualificación e calidade docente e no proceso de aprendizaxe do alumnado, o estudante que non opte pola modalidade de avaliación continua terá dereito a unha proba global nas datas que determine a Facultade. Será unha única proba que permitirá ao alumnado cualificar entre 0 e 10, igual que na avaliación continua.

Esta posibilidade deberá ser solicitada expresamente polo estudante, con antelación e seguindo os trámites que determine o Decanato da Facultade, e suporá a anulación automática de todas as cualificacións obtidas pola modalidade de avaliación continua.

O devandito procedemento poderase consultar na plataforma MOOVI. Non se admitirán solicitudes transcorrido o prazo establecido e, unha vez recoñecido o dereito, non se poderá desistir do mesmo.

As probas realizaranse na data e hora oficialmente establecidas pola Facultade. Como norma xeral, a duración desta proba oficial é de dúas horas. Para a avaliación global, cada alumno necesitará 3 horas adicionais (5 desde o inicio da proba) para realizala. Constará do seguinte:

·      1º - Exame teórico práctico (30% da nota). Exame de preguntas de desenvolvemento e de índole práctica na que se plantexarán cuestións realacionadas cos contidos tratados na lección maxistral e que estará a disposición dos alumnos/as na plataforma Moovi

·      2º - Entrega Traballos/Pezas (30% da nota). Similar á proposta na avaliación continua. O alumno entregara o día da proba final de avaliación todolas pezas de emisón e todolos traballos que os alumnos que cursan o modelo de avaliación continua deben ir guionizando, producindo, realizando, editando e posproducindo ao longo do curso para a súa posterior utilización nos diferentes informativos que realicen ao longo do curso.  

·      3º - Proba Práctica (40% da nota). Realización dunha proba de carácter práctico para a realización dun ou varios informativos. Dita proba práctica poderá consistir na resolución dun suposto práctico. Esta proba realizarase despois do exame teórico e terá unha duración máxima de 3 horas. 

A nota final será a nota media das 3 partes, segundo as súas correspondentes porcentaxes. 

Na segunda oportunidade (xullo) aplicaranse os mesmos criterios.

Todos os detalles da estrutura do exame, as especificaciós de traballos e prácticas, o calendario de entrega, os criterios de corrección, así como as cualificacións, publicaranse na plataforma MOOVI. Será responsabilidade do alumno estar atento a esta información, xa que non se facilitará por ningún outro medio. Calquera aspecto non previsto nesta guía resolverase en función do citado Regulamento de avaliación, cualificación e calidade da ensinanza e do proceso de aprendizaxe do alumnado:

https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/normativa/public/show/565

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000