Guia docente 2023_24
Facultade de Comunicación
Grao en Comunicación Audiovisual
 Materias
  Propaganda en medios audiovisuais
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas con apoio das TIC As sesións maxistrais combínase coa realización de tarefas a través de plataformas dixitais. 15 B1
C13
C14
D2
Seminario Actividades de análise e reflexión desenvolvidas dentro das sesións prácticas, necesarias para desenvolver o proxecto de ApS 10 B5
B6
C14
Aprendizaxe-servizo Desenvolvemento, gravación e edición dos contidos audiovisuais requeridos dentro do marco da Aprendizaxe-servizo e presentación de portfolio (traballo en grupo). 40 B3
B4
B5
B6
C14
D2
D3
Exame de preguntas obxectivas Exame da materia abordada nas sesións teóricas e prácticas 35 B1
B5
C13
C14
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado deberá aprobar cada unha das metodoloxías e probas descritas neste apartado para superar a asignatura.

O procedemento de avaliación descrito ata este punto é válido para o alumnado que opte pola avaliación continua e cumpra coas entregas previstas ao longo do cuadrimestre.

En caso de que desexe optar por avaliación global, o alumnado deberá informar ao docente da súa renuncia expresa ao sistema de avaliación continua no prazo establecido polo centro para tal fin, axuntado cuberto e asinado o documento habilitado para tal fin. O procedemento de avaliación global é o descrito a continuación.

AVALIACIÓN GLOBAL DA MATERIA

A proba de avaliación global realizarase na data e horarios previstos polo centro no calendario de exames oficial. O estudante deberá superar todas e cada unha das probas de avaliación previstas que se detallan a continuación obtendo unha cualificación mínima de 5 puntos en cada unha delas. Dada a extensión das probas o alumnado que se acolla a avaliación global deberá dispor de 4 horas para a realización das mesmas a partir da hora oficial de inicio do exame da materia segundo o calendario oficial.

A avaliación global consta das seguintes probas:

Proba 1. Exame da materia (40%)

Proba 2. Traballo de investigación 1 a acordar co docente responsable (10%). Entrega a través de Moovi con límite na data do exame.

Proba 3. Traballo de investigación 2 a acordar co docente responsable (10%). Entrega a través de Moovi con límite na data do exame.

Proba 4. Desenvolvemento, gravación e edición dos contidos audiovisuais requeridos dentro do marco da Aprendizaxe-servizo e presentación de portfolio (40%). Entrega a través de Moovi con límite na data do exame.

A información sobre as probas de avaliación, o seu formato, extensión, rúbrica de avaliación e canles de entrega serán detalladas a través da plataforma Moovi. É responsabilidade do alumno ou alumna estar atento á información subida e recompilar a información específica e complementaria que sexa precisa para superar a materia.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000