Guia docente 2023_24
Facultade de Comunicación
Grao en Comunicación Audiovisual
 Materias
  Contornas virtuais en comunicación
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio Deseño, produción e presentación dun proxecto básico de creación en contornas virtuais a nivel individual. 20 B3
B4
B5
C11
C16
C21
D2
D3
D4
Traballo tutelado Deseño, produción e presentación dun proxecto complexo de creación en contornas virtuais a nivel grupal. 35 B3
B4
B5
C11
C16
C21
D2
D3
D4
Presentación Presentación/s das propostas dos proxectos realizados.  10 B3
B4
B5
C11
C16
C21
D2
D3
D4
Exame de preguntas de desenvolvemento Análise a propósito dun proxecto relacionado coas contornas virtuais de características similares aos expostos durante as leccións maxistrais. 20 B3
B4
B5
C11
C16
C21
D2
D3
D4
Observación sistemática Asistencia e participación activa na aula 15 B3
B4
B5
C11
C16
C21
D2
D3
D4
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado deberá aprobar cada unha das metodoloxías e probas descritas neste apartado para superar a asignatura.

O procedemento de avaliación descrito ata este punto é válido para o alumnado que opte pola avaliación continua e cumpra coas entregas previstas ao longo do cuadrimestre.

A asistencia a clases é obrigatoria tanto as prácticas como as teóricas , ademais será avaliada a través da observación sitemática.

En caso de que desexe optar por avaliación global, o alumnado deberá informar ao docente da súa renuncia expresa ao sistema de avaliación continua no prazo establecido polo centro para tal fin, adxuntado cuberto e asinado o documento habilitado para tal fin. O procedemento de avaliación global é o descrito a continuación.

AVALIACIÓN GLOBAL DA MATERIA

A proba de avaliación global realizarase na data e horarios previstos polo centro no calendario de exames oficial. O estudante deberá superar todas e cada unha das probas de avaliación previstas que se detallan a continuación obtendo unha cualificación mínima de 5 puntos en cada unha delas. Dada a extensión das probas o alumnado que se acolla a avaliación global deberá dispor de 4 horas para a realización das mesmas a partir da hora oficial de inicio do exame da materia segundo o calendario oficial.

A avaliación global consta das seguintes probas:

Proba 1 (30%): Exame teórico de análise a propósito dun proxecto relacionado coas contornas virtuais de características similares aos expostos durante as leccións maxistrais.

Proba 2 (25%): Deseño, produción e presentación dun proxecto básico de creación en contornas virtuais a nivel individual. a través de Moovi con límite na data do exame. 

Proba 3 (45%): Deseño, produción e presentación dun proxecto complexo de creación en contornas virtuais a nivel individual. a través de Moovi con límite na data do exame.

A información sobre as probas de avaliación, o seu formato, extensión, rúbrica de avaliación e canles de entrega serán detalladas a través da plataforma Moovi. É responsabilidade do alumno ou alumna estar atento á información subida e recompilar a información específica e complementaria que sexa precisa para superar a materia.

Calquera aspecto non previsto nesta guía resolverase en función do citado Regulamento de avaliación, cualificación e calidade da ensinanza e do proceso de aprendizaxe do alumnado.

https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/normativa/public/show/565

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000