Educational guide 2024_25
Facultade de Comunicación
Grado en Comunicación Audiovisual
 Subjects
  Programming for Audiovisual Products
Subject Guide
IDENTIFYING DATA 2024_25
Subject Programming for Audiovisual Products Code P04G071V01310
Study programme
Grado en Comunicación Audiovisual
Descriptors Total Cr. Choose Year Quadmester
6 Mandatory 3rd 2nd
Teaching language
#EnglishFriendly
Spanish
Galician
Prerequisites
Department
Coordinator
García Mirón, Silvia
E-mail silviamiron@uvigo.es
Lecturers
García Mirón, Silvia
Web
General description (*)A chegada da neotelevisión conlevou cambios significativos nas estratexias e tácticas de programación así como transformacións notables na televisión pública a raíz do nacemento das televisións privadas: a situación de competencia supuxo que para a acción de organizar a grella comezan a empregarse uns criterios baseados en estudos de audiencia previos polo que a audiencia convértese en protagonista—, o que supón a imposibilidade de planificar a emisión de determinados contidos que non moven a un amplo grupo de telespectadores —como é o caso daqueles espazos de carácter divulgativo ou educativo— tendo que recorrer a unha tipoloxía diferente de canles como é o caso dos temáticos. A proximidade das historias retransmitidas, a aplicación dun fluxo continuo, a hibridación dos xéneros, a anidación entre programas, a creación de sinerxía, a emisión ómnibus, as plataformas megacontenedores, a hiperfragmentación, etc., todo iso son as novas prácticas que xurdirán a partir do abandono da paleotelevisión e o nacemento da televisión privada.
Partindo desta idea propómonos coa materia “Técnicas de programación para televisión” non só coñecer a evolución do medio televisivo e o seu actual contexto senón centrarnos naqueles elementos e circunstancias que influencian a práctica da programación en televisión e as técnicas específicas que se utilizan para situar os espazos nunha orde que será denominado como grella. Por outra banda, tamén penetraremos na identidade televisiva e os distintos elementos que a configuran, centrándonos especialmente no progreso experimentado polas pezas de continuidade e as fórmulas autopromocionales utilizadas por parte das emisoras.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000