Guia docente 2023_24
Facultade de Comunicación
Grao en Comunicación Audiovisual
 Materias
  Guión, produción e realización de ficción
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio Se avaliará a participación, a actitude, o traballo en equipo, así como a evolución e resolución das suas prácticas de laboratorio que o preparan para o desenvolvemento do proxecto práctico final. 20
Presentación Se avaliará a CURTAMETRAXE presentada tendo en conta a progresión do alumnado no desenvolvemento do seu proxecto final. Se avaliará a calidade da peza audiovisual presentada, a participación, a actitude, o traballo en equipo, así como a evolución e a capacidade de resolución de problemas para acadar os obxectivos finais da materia. 40
Presentación Se avaliará o MICRORRELATO presentado tendo en conta a progresión do alumnado no desenvolvemento do seu proxecto final. Se avaliará a calidade da peza audiovisual presentada, a participación, a actitude, o traballo en equipo, así como a evolución e a capacidade de resolución de problemas para acadar os obxectivos finais da materia. 40
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

AVALIACIÓN CONTÍNUA: o modelo de avaliación por defecto da materia será a Avaliación Contínua, consistente en tres prácticas principais de carácter obrigatorio. Mediante o traballo en equipos o alumnado deberá realizar unha serie de Prácticas de Laboratorio que o habilitarán para o desenvolvemento das dúas prácticas finais. Nestas prácticas de laboratorio se avaliará cun 20% sobre a nota final a participación, a actitude e o traballo do alumnado.

Durante o curso o alumnado, divido en equipos de traballo, desenvolverá o guión e a producción dunha Curta de ficción, cunha duración máxima de 10 minutos, e un Microrrelato de ficción, cunha duración máxima de 3,30 minutos. Ambas obras serán presentadas na data que se estableza no calendario de produción de tal xeito que haxa tempo para a súa posprodución de audio e vídeo. A presentación será realizada ao final do curso ante o equipo docente e terá unha valoración cada unha das obras do 40% sobre a nota final da materia. Para superar a materia o alumnado deberá acadar a metade da porcentaxe en cada unha das partes.

AVALIACIÓN GLOBAL: o alumnado que teña escollido o modelo de Avaliación Global deberá superar as seguintes probas. A asistencia ás clases non será obrigatoria.

Proba 1: O alumnado deberá presentar de xeito individual na data oficial do exame final da materia, un dossier de produción dunha curtametraxe de ficción cunha duración máxima de 6 minutos. Neste dossier se desenvolverá o guión literario e técnico da obra, así como os desgloses, localizacións, plan de rodaxe... necesarios para a producción da curta. Esta proba terá unha valoración dun 20% sobre a nota final.

Proba 2: Na data oficial do exame final da materia, o alumnado que opte por esta modalidade, deberá presentar a curtametraxe onde teña desenvolvido de xeito individual a produción, a dirección e a posprodución da obra presentada no dossier de produción. A obra será correxida polo equipo docente e alumnado deberá facer as correccións suxeridas para o seu visionado xunto co resto de curtas elaboradas no curso. Esta proba terá unha valoración dun 40% sobre a nota final.

Proba 3: o alumnado que opte por esta modalidade, deberá realizar, na data oficial, un exame teórico do tipo desenvolvemento de preguntas sobre os contidos do temario da materia recollidos nesta Guía docente. Esta proba terá unha valoración dun 40% sobre a nota final.

Para superar a materia o alumnado deberá acadar a metade da porcentaxe en cada unha das probas.

O alumnado que se acolla a esta modalidade deberá renunciar ao sistema de Avaliación Contínua no prazo que estableza o centro e mediante o documento habilitado para tal fin.

Segunda Oportunidade. No caso de no ter acadado a metade da procentaxe en cada unha das probas ou prácticas, o alumnado poderá presentarse a unha segunda oportunidade no mes de xullo, na que desenvolverá e presentará de novo a parte non superada según as consideracións feitas polo equipo docente.

Consideracións sobre a avaliación das curtas.

Na presentación do proxecto práctico de realización dunha CURTAMETRAXE e un MICRORRELATO se valorará:

A valoración xeral do proxecto.

O desenvolvemento do guión.

A dirección de actores.

O desenvolvemento da produción.

As localizacións

A dirección de arte e vestiario.

A dirección de fotografía.

O traballo de cámara.

A adecuación e calidade do son.

A montaxe e posprodución.

A presentación final do proxecto.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000