Guia docente 2023_24
Facultade de Comunicación
Grao en Comunicación Audiovisual
 Materias
  Dirección artística
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios Análise técnico da dirección artística de diferentes filmes 20 B3
B4
B6
C13
D2
D3
D4
Traballo Traballo individual ou en equipo 30 B3
B4
B6
C13
D2
D3
D4
Exame de preguntas de desenvolvemento Probas que inclúen preguntas abertas sobre un tema. Os alumnos deben desenvolver, relacionar, organizar e presentar os coñecementos que teñen sobre a materia nunha resposta argumentada. 40 B3
C13
D3
D4
Observación sistemática Asistencia a clase e participación na mesma 10 B3
B4
B6
C13
D2
D3
D4
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumno podrá optar a dous tipos de cualificación: avaliación continua ou avaliación global

1 - Avaliación continua: Serán aplicados as porcentaxes e conceptos anteriores (traballo, resolución de problemas, examen e observación sistemática)

Para supera-la materia será preciso obter, como mínimo, un 4 no examen de preguntas de desenvolvemento. No caso dunha nota media por debaixo de 4, non se poderá compensar cos outros apartados, ainda que se conservarán as cualificacións para a convocatoria de xullo

Na segunda edición (xullo) aplicaranse os mesmos criterios, ainda que, loxicamente, a avaliación sistemática non será re-avaliada.

2 - Avaliación global

- Dacordo o establecido no Regulamento sobre avaliación, cualificación, calidade e docencia e do proceso de aprendizaxe do alumnado, o estudante que non opte pola modalidad de avaliación continua, terá dereito a unha proba global nas datas que a Facultade determine. Será unha proba única, que permitirá calificar o alumno entre 0 e 10, igual que na avaliación continua. Esta posibilidade deberá ser solicitada expresamente polo alumno, ca antelación e procedimentos que o Decanato da Facultade determine, e suporá a anulación automática de todalas cualificaciones obtidas por o método de avaliación continua.

Esta modalidade consistirá nuha parte teórica (40% de la cualificación) e outra práctica (60% de la cualificación). A parte teórica será a mesma que na modalidade de avaliación continua. A parte práctica consistirá na entrega de dous traballos teóricos a proposta do docente e dos cales se porporcionará a información detallada a través da plataforma Moovi que e entregarán o día da proba oficial, esta parte terá un valor de 15% cada un dos traballos e un suposto práctico que se desenvolverá o día da data do exame oficial e que terá un 30% da nota total.

O igual que na modalidade continua, para superar a materia será preciso obtener, como mínimo, un 4 na parte teórica. Tamén se conservarán para xullo as cualificacións de cada apartado

Na segunda edición (xullo) aplicaranse os mesmos criterios.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000