Guia docente 2023_24
Facultade de Comunicación
Grao en Comunicación Audiovisual
 Materias
  Estratexias publicitarias para produtos audiovisuais
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Presentación Defensa dos proxectos e dos estudos de caso. Valoraranse criterios como a claridade na exposición oral, aspectos da comunicación non verbal, a orixinalidade da proposta oral, os soportes empregados como apoio (visuais), etc. 15 B4
D2
Exame de preguntas obxectivas Realización dun exame escrito sobre os contidos teóricos e prácticos desenvolvidos na materia. 30 B1
C5
C23
Proxecto O alumnado deberá deseñar un proxecto audiovisual e planificar e executar a súa promoción nas distintas etapas de vida do produto, desde o seu desenvolvemento até a súa estrea.

O PROXECTO 1 consistirá no desenvolvemento e venda dun proxecto audiovisual e elaboración de material promocional correspondente.
20 C5
Proxecto O alumnado deberá deseñar un proxecto audiovisual e planificar e executar a súa promoción nas distintas etapas de vida do produto, desde o seu desenvolvemento até a súa estrea.

O PROXECTO 2 consistirá na creación e planificación da campaña de lanzamento do produto audiovisual
25 B1
C19
Estudo de casos Actividades de aula centradas na presentación e análise de casos concretos do sector audiovisual e/ou formulación de solucións. 10 D1
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

OUTRAS INDICACIÓNS SOBRE O SISTEMA DE AVALIACIÓN CONTINUA

- O alumnado deberá aprobar cada unha das dúas partes para superar a materia cun 50%: a práctica (formada por dous proxectos, os estudos de caso e as presentacións, nun total de 70%) e a parte teórica, que se formula nun exame (que suma o 30%).

- O exame terá lugar unicamente nas datas oficiais aprobadas polo centro.

A asistencia á materia é obrigatoria. Para poder ser avaliado da parte práctica da materia é un requisito imprescindible asistir ás sesións prácticas.

- Tomarase nota da asistencia das alumnas e dos alumnos a todas as sesións prácticas. Aquelas ou aqueles con un 50% ou máis de faltas de asistencia non serán avaliados nesa parte práctica.

- As faltas de asistencia deberán ser xustificadas no momento (no período dun máximo dunha semana desde que se produza esa falta). Non se aceptarán xustificantes de asistencia ao final do cuadrimestre.

- Aquelas alumnas ou alumnos que, por causas xustificadas, non poidan acudir ás clases con regularidade deberán poñerse en contacto coa profesora nas dúas primeiras semanas do curso.

- Non se aceptarán proxectos entregados ao final do curso sen ter as sesións de tutorización obrigatorias coa docente.

- Non serán avaliados aqueles traballos entregados fóra da data establecida.

- Todos os membros dos grupos de traballo terán a mesma cualificación nos traballos entregados, excepto nos casos en que non se asista a algunha das sesións prácticas nas que se realice un traballo de aula ou se solicite unha entrega nesa sesión e non se dispoña de xustificante para a ausencia. Descontarase, neses casos, unha porcentaxe representativa en función do número de faltas de asistencia.

- O sistema de avaliación para a segunda convocatoria ou convocatoria de fin de carreira será o mesmo que para a convocatoria propia do cuadrimestre, coa excepción de que, en caso de suspenderse a parte práctica, os traballos serán realizados de forma individual.

INDICACIÓNS SOBRE O SISTEMA DE AVALIACIÓN GLOBAL:

- O sistema de avaliación global aplicarase áquel ou áquela alumnas que de forma expresa renuncien ao sistema de avaliación continua, recomendado para cursar esta materia.

- Esta renuncia debe facerse no primeiro mes de docencia da materia, seguindo as indicacións do protocolo aprobado na Xunta de Facultade de Comunicación e despois de informar á docente.

- O sistema de avaliación global estará composto polo exame oficial de carácter teórico (30%), un exame de carácter práctico (20%) e a entrega dos proxectos da materia, que se realizarán de forma individual. O Proxecto 1 consistirá na creación dun dossier de venda para unha obra audiovisual (20%) e o Proxecto 2 centrarase na creación dunha campaña de comunicación para o lanzamento da dita obra audiovisual (20%). Ambos proxectos serán defendidos nunha presentación oral en formato pitching (audiovisual e publicitario) na data oficial do exame (10% da nota).

- Deberanse aprobar cada unha das probas por separado para poder superar a materia.

- As probas da avaliación global só se realizarán na data oficial aprobada polo centro.

- As probas centradas nos proxectos non se recollerán fóra dessa data oficial.

- Non se ofrecerán sesións de tutorización que consistan na explicación de contidos teóricos ou prácticos vistos nas sesións presenciais.

- Non se ofrecerá material adicional ao incorporado na plataforma de teledocencia Moovi para aqueles alumnos ou alumnas que renuncien ao sistema de avaliación continua.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000