Guia docente 2023_24
Facultade de Comunicación
Grao en Comunicación Audiovisual
 Materias
  Estratexias publicitarias para produtos audiovisuais
   Resultados previstos na materia
Resultados previstos na materia Resultados de Formación e Aprendizaxe
Coñecer e aplicar as estratexias de comunicación persuasiva nos mercados audiovisuais, así como as ferramentas empregadas para levalas a cabo. B1
C19
C23
Situar a actividade audiovisual nun contexto de competencia local, nacional e internacional, destacando as técnicas comerciais, de promoción, venda e distribución de producións audiovisuais C23
Interpretar datos estatísticos do mercado audiovisual. C5
C23
Examinar e avaliar críticamente as novas relacións internacionais de produción e distribución de produtos audiovisuais C5
Mostrar sensibilidade cara á importancia que ten a distribución da produción audiovisual en mercados nacionais e internacionais como medio de difusión, conservación e valorización da cultura galega. D2
Elaborar informes e/ou estudos formulando propostas xustificadas de estratexias publicitarias e de relacións públicas sobre casos reais no sector audiovisual. C23
D1
Crear e planificar campañas de comunicación adaptadas ao mercado audiovisual en medios sociais C19
Dar a coñecer e vender ideas propias mediante ferramentas de comunicación verbal, non verbal e soportes visuais de apoio. A4
B4
D2
Elaborar documentos de venda de obras audiovisuais C5
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000