Educational guide 2023_24
Facultade de Comunicación
Grao en Comunicación Audiovisual
 Materias
  Deseño e desenvolvemento de produtos interactivos
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas obxectivas Para avaliar os coñecementos teórico prácticos, faranse un exame tipo test ou de respostas curtas. Poderase planificar, en función da evolución dos contidos, un exame parcial a mediados de curso 40 B1
C22
Observación sistemática Os alumnos realizan periódicamente en grupo, prácticas sinxelas sobre os coñecementos que van adquirindo 20 B4
B6
D1
Proxecto Traballo final en grupo, dun proxecto interactivo sobre un tema que se facilitará a principio de curso. 40 B1
B7
C20
C22
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado optará a dous tipos de calificación: avaliación continua e avaliación global

O alumnado deberá informar ao docente da súa renuncia expresa ao sistema de avaliación continúa no prazo establecido polo centro para tal fin, axuntado cuberto e asinado o documento habilitado para tal fin.

1 - Avaliación continua. Aplicaranse as porcentaxes e conceptos anteriores (Exame, Observación sistemática e Proxecto), coas seguintes consideracións:

A asistencia ás clases non será obrigatoria nin puntuará na calificación final. Agora ben, posto que a realización / presentación das  prácticas (observación sistemática) puntúa, si un alumno non acode á clase práctica para defendela, e a práctica non é correcta, perderá a calificación.

Na segunda convocatoria (xullo) aplicaranse os mesmos criterios de calificación, aínda que as prácticas (Observación sistemática) e o Proxecto, no caso de que fose realizado en grupo, non serán re-avaliados, manténdose a calificación da primeira edición. O alumno terá que mellorar o seu calificación mediante o exame e/ou un proxecto individual.

2 - Avaliación global - De acordo ao establecido no Estatuto do Estudante da Universidade de Vigo, o alumno que non opte pola modalidade de avaliación continua, terá dereito a unha proba global nas datas que a Facultade determine. 

A proba de avaliación global realizarase na data e horarios previstos polo centro no calendario de exames oficial. O estudante deberá superar todas e cada unha das probas de avaliación previstas que se detallan a continuación obtendo unha cualificación mínima de 5 puntos en cada unha delas. 

Esta modalidade consistirá nunha parte teórica (40% da calificación), e dúas prácticas elaboración do proxecto(40% da calificación), e presentación do mesmo (20%).  

  1. A parte teórica incluirá as mesmas preguntas curtas que na modalidade de avaliación continua (20% da calificación) e outra parte de desenvolvemento dun tema do programa (20% da calificación).
  2. A parte práctica consistirá no deseño dun proxecto para unha páxina de información sobre un tema facilitado previamente. A documentación a presentar será tanto a documentación sobre o deseño conceptual como a proposta realizada con wordpress do site. 
  3. Deberá facerse unha presentación oral do proxecto. Esta se presentará despois da avaliación teórica.  

Na segunda convocatoria (xullo) aplicaranse os mesmos criterios de calificación.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000