Educational guide 2023_24
Facultade de Comunicación
Grao en Comunicación Audiovisual
 Materias
  Comunicación radiofónica
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio EVALUACIÓN CONTINUA: Realización de prácticas no estudo de radio. Presenciais para os alumnos que se acollan á evaluación continua 40%

EVALUACIÓN GLOBAL: Exame de locución no Laboratorio de Radio para o alumnado que se acolla á modalidade de evaluación global no que o alumno/a redactará e locutará os textos propostos polo docente ou improvisará unha entrevista, presentación ou programa musical nun tempo/condicións establecido/as polo profesor.

40 A1
B4
B7
C4
D1
D2
Resolución de problemas de forma autónoma Traballo final de Grupo. Elaboración do episodio piloto de un podcast de entretenemento ou ficción.

No caso do alumnado que se acolla á evaluación global poderá ser un podcast individual e poderá incluir outras voces que contribúan a enriquecer o produto final
10 A1
B4
B6
C4
D1
Obradoiro Presentación e exposición na aula por parte do alumnado ante o/a docente e/ou o grupo de estudantes dun tema sobre contidos da materia ou dos resultados dun traballo, exercicio ou proxecto. Pódese levar a cabo de xeito individual ou en grupo ( proba destinada ao alumnado que se acolla á modalidade de evaluación continua) 10 A1
B4
B5
C4
D1
D2
Exame de preguntas de desenvolvemento EVALUACIÓN CONTINUA: Exame de preguntas obxectivas: Serán catro probas parciais teóricas ao longo do cuadrimestre. Cada unha constará dun exercicio tipo Test de 20 preguntas con diferentes alternativas de resposta (verdadeiro/falso, escolla múltiple, emparellamento de elementos, diagramación de guion...etc) . O alumnado que supere os catro test non terá que facer exame final, agás no caso de querer subir nota.

EVALUACIÓN GLOBAL: Realización dun exame final teórico de toda a materia para o alumnado que se acolla á modalidade de evaluación global (non presencial) que será escrito e constará cinco preguntas, cada unha delas valorada en dous puntos
Teránse en conta os seguintes criterios de avaliación da proba:
-A precisión das respostas.
-A suficiencia de coñecementos
-A capacidade de relacionar contidos
-A expresión correcta da resposta que se solicita
-A presentación, a caligrafía e as faltas de ortografía.
40 A1
B4
C4
D1
D2
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

As probas do sistema de avaliación continua da aprendizaxe do estudantado estarán baseadas na combinación dalgunhas das seguintes metodoloxías: Exames escritos u orais, traballos presentados e dirixidos academicamente, con respecto aos contidos da materia, realización de distintos tipos de prácticas e participación activa do estudantado nas clases teóricas, prácticas, seminarios, talleres e demais actividades relacionadas coa materia.

As probas de avaliación continua, tanto presenciais como telemáticas, realizaranse sempre dentro do horario asignado ás aulas lectivas da materia. No caso de insuficiencia de medios, o profesorado responsable da materia, a través dos coordinadores/as de materia, curso e título poderán artellar mecanismos de planificación que garantan o mellor axuste do horario para realizar as probas de avaliación. Isto notificaráselle con suficiente antelación ao estudantado involucrado a través dos cronogramas das materias establecidos polas coordinacións dos títulos. En calquera caso, as citadas horas computarán dentro das horas lectivas da materia. Esta modalidade pode incluír, ademais, unha proba final, entendida como a que ten condicionada a súa realización na data oficial do exame para cada oportunidade de avaliación. 

Dado que a asistencia a clase é un dereito do estudantado, tal e como se recolle nos Estatutos da Universidade de Vigo, pero ao mesmo tempo é un elemento fundamental do proceso de ensino-aprendizaxe, poderá valorarse como un factor máis nos procesos de avaliación do estudantado na modalidade de avaliación continua. Conservaranse os datos acreditativos da devandita asistencia, que deberán notificarse ao alumnado de xeito análogo ao resto de cualificacións

A asistencia ás sesións prácticas é obrigatoria para o alumnado da modalidade de evaluación continua e as faltas de asistencia sen xustificar documentalmente teranse en conta na nota final. Cada falta nas sesións prácticas da materia resta 0,25 puntos da nota final salvo que o alumno/a presente xustificante oficial por escrito. Para estes efectos, consideraranse causas xustificadas as seguintes:

a. A realización de exames, probas de avaliación oficiais ou probas selectivas na Administración que se xustifiquen mediante a acreditación do órgano avaliador.

b. A presenza en órganos colexiados e comisións derivadas destes por parte dos e das representantes electos do estudantado, acreditada pola presidencia ou secretaría do citado órgano ou comisión. Así como a representación da Universidade de Vigo nos órganos onde esta estea presente.

c. O ingreso en centros hospitalarios ou as consultas médicas programadas acreditado polo centro médico ou facultativo involucrado.

d. A enfermidade ou a baixa médica que impida a presenza física no centro, acreditada polo centro médico ou facultativo involucrado.

e. A enfermidade grave ou falecemento dun familiar, ata o 3o grao, debidamente acreditada.

f. O cumprimento dun deber público, debidamente acreditado.

g. A limitación da mobilidade orixinada por unha inclemencia meteorolóxica ou emerxencia de calquera outra índole, debidamente acreditada, ou a declaración dunha alerta, alarma ou excepción, decretada por unha Administración pública competente no territorio da Universidade de Vigo que limite a mobilidade ou a desaconselle.

h. A folga ou o paro académico autorizado, debidamente acreditado.

i. A participación como deportista nos supostos recollidos no Estatuto do estudantado deportista da Universidade de Vigo.

j. Calquera outra causa sobrevida.

No sistema de avaliación global, a non asistencia ás aulas non poderá repercutir negativamente na cualificación nin ser un requisito preceptivo. No caso de solicitar a avaliación global, o alumno/a poderá ser avaliado de prácticas aínda que non asistise a estas, sempre que non se trate de prácticas de carácter clínico/experimental, ou das materias «Practicas externas» ou «Prácticum» de calquera titulación.

Nas prácticas de laboratorio valorarase a presentación das tarefas propostas en tempo e forma e a súa adecuación ao explicado nas sesións teóricas e nas prácticas de laboratorio.

É posible realizar traballos complementarios, sempre de acordo co profesor, que servirán para mellorar a nota obtida.

Para a cualificación final é necesario ter aprobada a parte teórica da materia cun cinco As puntuacións das prácticas non se sumarán ata que se supere o exame teórico. Do mesmo xeito  o alumnado de evaluación continua deberá acadar un mínimo de 5 nas prácticas para que a nota lle faga media coa teoría e o obradoiro.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000