Educational guide 2023_24
Facultade de Comunicación
Grao en Comunicación Audiovisual
 Materias
  Comunicación radiofónica
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Prácticas de laboratorio O alumnado que opte pola modalidade de evaluación continua realizará actividades de aprendizaxe baseadas nos procedementos explicados nas clases teóricas. As prácticas serán no Laboratorio de Radio 2 e estarán en todo momento tuteladas polo equipo docente. Consisten na realización de diferentes exercicios de producción, montaxe, edición e postproducción de múltiples pezas e contidos radiofónicos que serán valorados e evaluados polo docente. Cada alumno traballará individualmente ou en grupos de catro persoas, en función da práctica que se deba preparar, distintas intervencións lo locutorio de Laboratorio de Radio para o resto do alumnado (informativos, magacines, deportes, pezas de ficción sonora, programas musicais, formatos publicitarios, patrocinios, caretas de programa, etc. As intervención son revisadas de forma personalizada polo docente con observacións para cada un cando sexa necesario de xeito persoal e individualizado. A asistencia presencial ás prácticas de laboratorio é obligatoria para o alumnado que se acolla á modalidade de evaluación continua e as ausencias deberán xustificarse por escrito. O alumnado que se acolla á modalidade de evaluación global non presencial deberá realizar un exame práctico final no Laboratorio de Radio que consistirá la redacción e locución de varias pezas radiofónicas.
Lección maxistral Exposición por parte do profesor dos contidos teóricos da materia que entran no exame final (no caso da modalidade non presencial) ou nos exames parciais (no caso da modalidade de evaluación continua) e que o alumnado debe coñecer para o correcto desenvolvemento das prácticas no laboratorio de radio. Son sesións teóricas dúas horas que inclúen a realización dalgún exercicio oral ou escrito que será avaliado polo docente e computará na nota final da parte teórica da materia (evaluación continua). Os alumnos que opten pola modalidade non presencial deberán presentarse ao exame final con todo o programa da materia.
Resolución de problemas de forma autónoma Esta materia e unha aproximación á radio como medio de comunicación de masas, á súa orixe e ao seu desenvolvemento tecnolóxico, tanto teórico como práctico. Na materia teñen particular relevancia a lingüaxe e o estilo propio da narrativa e da programación radiofónica especialmente nos seus ámbitos informativo e de ficción e entretenemento.
Obradoiro Actividade enfocada á adquisición de coñecementos instrumentais sobre unha temática concreta, con asistencia específica por parte do profesor/a ás actividades individuais e/ou en grupo que desenvolven os/as estudantes. A asistencia e realización do traballo proposto polo docente é obrigatoria para o alumnado que se acolla á modalidade de evaluación continua.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000