Educational guide 2023_24
Facultade de Comunicación
Grao en Comunicación Audiovisual
 Materias
  Comunicación: Documentación audiovisual
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio É obrigatoria a asistencia e a entrega de todos os traballos. 30 B3
B4
B6
C7
D1
Prácticas con apoio das TIC A práctica final supón a resolución dun traballo de documentación final que se realizará na aula e tamén con traballo persoal do alumnado. 30 B4
B5
B7
C7
D1
D4
Exame de preguntas obxectivas Examen tipo test dos contidos explicados nas sesiones teóricas e co uso da bibliografía 40 B4
B5
C7
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Observacións: é necesario aprobar o exame teórico cunha nota mínima de 2 para poder facer media coas prácticas. No caso das prácticas de laboratorio, as faltas inxustificadas restarán da nota final das mesmas.

As prácticas de laboratorio terán un peso crecente na cualificación. Na primeira práctica só se avalía a asistencia. A última práctica terá un peso de 3 puntos na nota final.

Na convocatoria extraordinaria examinarase a parte suspensa (teoría e/ou práctica).

O alumnado deberá comunicar ao profesorado a súa renuncia expresa ao sistema de avaliación continua no prazo que para o efecto estableza o centro, cuberto e asinado o documento autorizado para o efecto.

AVALIACIÓN GLOBAL DA MATERIA

A proba global de avaliación realízase na data e nos horarios previstos polo centro no calendario oficial de exames. O alumno deberá superar todas e cada unha das probas de avaliación que se indican a continuación cunha puntuación mínima de 2 puntos no exame teórico e 3 na suma das probas prácticas. Dada a extensión das probas, o alumnado que se acolla á avaliación global deberá dispor de 4 horas para realizala durante o día do exame da materia segundo o calendario oficial.

Breve descrición das probas

Proba 1. Exame teórico

O exame teórico previsto para a materia realizarase tanto para a avaliación global como continua. O exame será avaliado coas mesmas pautas para todos os alumnos. O exame ten un valor do 40% da nota total. É necesario obter unha nota mínima de 2 puntos para superar esta parte. Unha nota inferior non servirá de media coas demais probas.

Proba 2. Traballo práctico.

Entregar 10 traballos propostos polo profesor. O conxunto de obras ten un valor do 30% da cualificación total e a entrega será a través da plataforma Moovi. Os traballos entregaranse como data límite a data e hora do exame. O detalle dos contidos dos traballos, metodoloxías e criterios de avaliación será o mesmo que a avaliación continua.

Proba 3. Realización da práctica final

na aula de informática do centro. A proba será na tarde do exame oficial e será a mesma práctica final que se realiza na avaliación continua e pondera o 30% restante da nota. O alumnado de avaliación global deberá asistir co profesor á aula habitual de prácticas, onde deberá realizar actividades prácticas similares ás que realizan os alumnos de avaliación continua, utilizando os mesmos recursos e equipamentos empregados por este. A proba terá unha duración máxima de dúas horas. O detalle das probas é o mesmo que a práctica final, polo que corresponde ao alumnado comprobar as características da proba en Moovi. Unha nota inferior a 1,5 non servirá de media con outras probas.

Resumo das probas e porcentaxe de avaliación global do conxunto de tarefas

     Proba 1. Exame. Valoración do 40% da nota total.

     Proba 2. Traballo práctico. Valoración do 30% da nota total.

     Proba 3. Práctica final. Valoración do 30% da nota total.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000