Guia docente 2025_26
Facultade de Comunicación
Grao en Comunicación Audiovisual
 Materias
  Socioloxía: Socioloxía da comunicación
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas obxectivas Ao remate do tema 1 realización dun test de avaliación dos coñecementos adquiridos. 10 B1
B2
C1
C2
C15
Exame de preguntas obxectivas Ao remate do tema 2 realización dun test de avaliación dos coñecementos adquiridos. 10 B1
B2
C1
C2
C15
Exame de preguntas obxectivas Ao remate do tema 3 realización dun test de avaliación dos coñecementos adquiridos. 10 B1
B2
C1
C2
C15
Exame de preguntas obxectivas Ao remate do tema 4 realización dun test de avaliación dos coñecementos adquiridos. 10 B1
B2
C1
C2
C15
Exame de preguntas obxectivas Ao remate do tema 5 realización dun test de avaliación dos coñecementos adquiridos. 10 B1
B2
C1
C2
C15
Traballo Realización en grupo dun podcast de audio sobre temas sociais que atinxen á mocidade. 10 A3
B4
B5
C1
C2
D3
Exame de preguntas obxectivas Exercicio de avaliación que combina a resposta a preguntas tipo test, e
preguntas de desenvolvemento escrito, sobre os coñecementos,
habilidades e competencias da materia.
40 A3
B1
B2
C1
C2
C15
D3
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Seguindo o que establece o Regulamento sobre a avaliación, a cualificación e a calidade da docencia e do proceso de

aprendizaxe do estudantado (Aprobado no claustro do 18 de abril de 2023), son dous os sistemas de avaliación,

continua e global. O alumnado deberá escoller no primeiras catro semanas do cuadrimestre entre un dos dous sistemas

de avaliación. De optar pola avaliación global, a alumna ou alumno informará o docente da súa renuncia expresa ao sistema

de avaliación continúa no prazo establecido polo centro para tal fin, axuntado cuberto e asinado o documento habilitado

para tal fin.

O detalle nas metodoloxías recollidas na táboa precedente corresponde ao sistema de avaliación continua. O cálculo da

cualificación final neste sistema será ponderado como se especifica na táboa.

A persoa que non se presente ao exame da convocatoria oficial de exame constará como Non presentado (N.p.), aínda que

fixese seguimento das actividades de avaliación continua.

De optar polo sistema de avaliación global, na data e horarios previstos polo centro no calendario de exames oficial, o

estudante deberá realizar o mesmo exame que realice o alumnado acollido ao sistema de avaliación continua, no que se

combina a resposta a preguntas tipo test, e preguntas de desenvolvemento escrito sobre os coñecementos, habilidades e

competencias da materia (supoñerá o 40% da cualificación). Ademais do anterior exame, realizará un exercicio de

comentario por escrito dun texto proporcionado polo docente (supoñerá o 20% da cualificación). Por último, fará entrega

dunha porfolio de recensiones sobre un conxunto de textos seleccionados polo docente, dos que se informa na páxina de

teledocencia da materia. Habilitarase un espazo na páxina de teledocencia para subir unha copia dixital do cartafol, no que

se atoparán as referencias dos textos para traballar, e indicacións sobre a extensión e formato (supoñerá o 40% da

cualificación).

A información sobre as probas de avaliación, o seu formato, extensión, rúbrica de avaliación e canles de entrega serán

detalladas a través da plataforma MooVi. É responsabilidade do alumnado estar atento á información subida e

recompilar a información específica e complementaria que sexa precisa para superar a materia.

Na data da segunda oportunidade da convocatoria oficial da materia manteranse as notas das probas superadas na primeira

convocatoria

.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000