Guia docente 2020_21
Facultade de CC. Sociais e da Comunicación
Grao en Comunicación Audiovisual
 Materias
  Prácticas externas
   Competencias
Código Descrición
CB2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solución a un público tanto especializado coma non especializado.
CB5 Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
CG3 Capacidade para aplicar técnicas e procedementos da composición da imaxe aos diferentes soportes audiovisuais, a partir do coñecemento das leis clásicas e dos movementos estéticos e culturais da historia da imaxe
CG4 Habilidade para expor os resultados dos traballos académicos de maneira escrita, oral ou por medios audiovisuais ou informáticos de acordo aos canons das disciplinas da comunicación.
CG6 Coñecementos sobre a evolución histórica da imaxe e da cultura audiovisual, nos seus diferentes formatos
CE1 Coñecemento do uso correcto oral e escrito das linguas oficiais como forma de expresión profesional na industria audiovisual.
CE2 Capacidade para percibir críticamente o mundo audiovisual como froito dunhas condicións sociopolíticas e culturais ligadas a unha época histórica determinada.
CE3 Coñecemento teórico-práctico dos mecanismos lexislativos de incidencia no audiovisual, así como o réxime xurídico da súa aplicación nas producións audiovisuais.
CE4 Coñecemento dos procesos e técnicas implicadas na dirección e xestión de empresas audiovisuais.
CE5 Coñecemento e aplicación das técnicas de produción e emisión radiofónicas.
CE6 Coñecementos das políticas públicas de promoción e regulatorias no ámbito da produción e distribución audiovisual nos niveis de gobernanza europeos, nacional e autonómico.
CE7 Capacidade para levar a cabo a análise e implementación de estratexias de distribución e difusión de contidos audiovisuais e a súa influencia no proceso de produción
CE8 Coñecemento e aplicación dos fundamentos da animación audiovisual
CE9 Coñecemento e aplicación das técnicas de documentación audiovisual.
CE10 Capacidade para recrear o ambiente sonoro dunha produción audiovisual
CE11 Capacidade para levar a cabo a análise das estruturas, contidos e estilos da programación televisiva.
CE12 Coñecemento da natureza e interrelaciones entre os suxeitos da comunicación audiovisual: autores, institucións, empresas, medios, soportes e espectadores.
CE13 Capacidade para deseñar a posta en escena, iluminación e dirección de actores dunha produción audiovisual.
CE14 Capacidade para definir proxectos persoais de creación innovadora que contribúan ao coñecemento ou desenvolvemento das linguaxes audiovisuais ou á súa interpretación
CE15 Coñecemento dos fundamentos da información xornalística a través dos distintos textos e xéneros ao uso, para a súa aplicación en medios impresos e dixitais.
CE16 Coñecemento da historia e evolución da linguaxe e xéneros audiovisuais a través das súas propostas estéticas e industriais.
CE17 Coñecemento e aplicación dos recursos, métodos e procedementos empregados na construción e análise dos relatos audiovisuais.
CE18 Coñecemento sobre os fundamentos da historia e teoría da comunicación
CE19 Coñecemento e aplicación das tecnoloxías audiovisuais (fotografía, cinema, radio, televisión e multimedia) en función das súas capacidades expresivas.
CE20 Coñecemento da imaxe espacial e das representacións icónicas no espazo, tanto na imaxe fixa como en movemento.
CE21 Capacidade para levar a cabo a gravación, composición, edición e postproducción de produtos audiovisuais.
CE22 Capacidade para xestionar con eficacia a comunicación nas redes sociais
CE23 Capacidade para escribir con fluidez guións para os diferentes formatos audiovisuais
CE24 Coñecemento e aplicación das técnicas e procesos de produción e realización audiovisual nos formatos e soportes contemporáneos
CE25 Coñecemento e aplicación das técnicas para o deseño e desenvolvemento de proxectos multimedia interactivos
CE26 Capacidade para levar a cabo a análise e implementación de estratexias de mercadotecnia para o desenvolvemento, distribución e consumo de produtos audiovisuais e multimedia orientados ao mercado
CT1 Comprender a importancia dos cambios tecnolóxicos, económicos e sociais no desenvolvemento de proxectos audiovisuais
CT2 Ser capaz de traballar en equipo e de comunicar as propias ideas mediante a creación dun ambiente propicio.
CT4 Ser capaz de organizar as tarefas, realizándoas de maneira ordenada e adoptando con lóxica as decisións prioritarias nos diferentes procesos de produción audiovisual.
CT6 Comprender a necesidade da conservación do patrimonio lingüístico, audiovisual e cultural de Galicia
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000