Guia docente 2015_16
Facultade de CC. Sociais e da Comunicación
Grao en Comunicación Audiovisual
 Materias
  Redes audiovisuais en internet
   Competencias
Código Descrición
A3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
A4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solución a un público tanto especializado coma non especializado.
B6 Capacidade para definir proxectos persoais de creación innovadora que poidan contribuír ao coñecemento ou desenvolvemento das linguaxes audiovisuais ou á súa interpretación
C5 Coñecemento do uso das técnicas e as tecnoloxías audiovisuais en función das súas capacidades expresivas asociadas ós diferentes contextos industrias
C13 Coñecementos básicos para situar a actividade audiovisual nun contexto de competencia local, nacional e internacional.
C23 Capacidade para a identificación dos procesos e técnicas implicadas na dirección e xestión de empresas audiovisuais na súa estrutura industrial: análise de mercado, produción, distribución e exhibición, así como o fomento da actividade emprendedora e do concepto de empresa como unidade básica de produción audiovisual.
C26 Capacidade para buscar, seleccionar e sistematizar calquera tipo de documento audiovisual nunha base de datos, así como a súa utilización en diferentes soportes audiovisuais utilizando métodos dixitais.
D1 Capacidade de adaptación aos cambios tecnolóxicos, empresariais ou organigramas laborais
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000