Guia docente 2021_22
Facultad de Ciencias Sociales y de la Comunicación
Grao en Comunicación Audiovisual
 Materias
  Produción e realización en novos formatos
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID-
19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no
momento en que as administracións e a propia institución o determinen
atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a
docencia nun escenario non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas
garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun
xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación)
polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e
institucionalizada das guías docentes DOCNET.
=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
Non se contemplan modificacións nas metodoloxías docentes coa única salvedade
de que os contidos teóricos poderán ser impartidos de xeito non presencial ou ben que os traballos deban desenvolverse en formato de prototipo por imposibilidade de acceder ao equipamento técnico necesario.
Os mecanismos non presenciais de atención ao alumnado (titorías) serán o
despacho virtual do campus remoto no horario indicado e o correo electrónico.
=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
Non se contemplan modificacións nos sistemas de avaliación máis aló da
posibilidade de que algunha das probas de avaliación teñan que realizarse de xeito
non presencial.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000