Guia docente 2019_20
Facultade de CC. Sociais e da Comunicación
Grao en Comunicación Audiovisual
 Materias
  Proxectos interactivos en novos medios: telefonía móbil e TDT
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Traballo tutelado Desenvolvemento conceptual e produto mínimo viable dunha aplicación ou servizo para dispositivos móbiles, contemplando o aspecto gráfico, deseño de contidos, funcionalidades, árbore de navegación, diagrama de fluxo, público obxectivo e modelo de negocio plenamente desenvolto. Deberá presentarse en clase en forma de pitching. 60
CG3
CE23
CE25
CT2
CT3
CT4
Traballo tutelado Durante as clases prepranse pequenos exercicios que serán sempre avaliados e formarán parte da nota final. 10
CG3
CG4
CE23
CE25
CT3
Resolución de problemas e/ou exercicios Proba, de respostas curtas ou tipo test, sobre os contidos teóricos explicados en clase 25
CE25
Observación sistemática Asistencia e participación na aula 5
CE25
CT2
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumno debe aprobar independentemente todas as partes (teoría e práctica) para superar a materia, cun mínimo do 50% da puntuación correspondente a cada unha das partes que compoñen e se avalían na materia.

A asistencia é obrigatoria. No caso de que o alumno/a non poida asistir ás clases con regularidade (isto é, un mínimo do 80% das clases presenciais) perderá o dereito á avaliarse na primeira convocatoria.

Na segunda convocatoria, avaliarase de novo o proxecto práctico e a proba teórica, salvo o que se poda dispoñer para casos excepcionais.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000