Guia docente 2020_21
Facultade de CC. Sociais e da Comunicación
Grao en Comunicación Audiovisual
 Materias
  Proxectos interactivos en novos medios: telefonía móbil e TDT
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Traballo tutelado Desenvolvemento conceptual e produto mínimo viable dunha aplicación ou servizo para dispositivos móbiles, contemplando o aspecto gráfico, deseño de contidos, funcionalidades, árbore de navegación, diagrama de fluxo, público obxectivo e modelo de negocio plenamente desenvolto. Deberá presentarse en clase en forma de pitching. 60 CG3
CE23
CE25
CT2
CT3
CT4
Prácticas con apoio das TIC Breves proxectos que desenvolvan os conceptos explicados en clase e que deben ser resoltos e entregados polos alumnos semanalmente. 20 CG3
CE25
CT4
Resolución de problemas e/ou exercicios Proba, de respostas curtas ou tipo test, sobre os contidos teóricos explicados en clase 20 CE25
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A asistencia a clase de teoria non será obrigatoria, nin se terá en conta na avaliación final. As prácticas entregadas puntuarán na calificación final e empregaranse para presentar e comentar os exercicios e proxectos semanais, polo que o alumno que non asista perderá a parte da calificación correspondente a esa práctica.

Na segunda convocatoria,  avaliarase de novo o proxecto práctico e a proba teórica, salvo o que se poida dispor para casos excepcionais.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000