Guia docente 2016_17
Facultade de CC. Sociais e da Comunicación
Grao en Comunicación Audiovisual
 Materias
  Guión, produción e realización para programas de entretemento
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio Se realizan no estudo 1 multicámara, con control de realización, son e iluminación. 30
Saídas de estudo/prácticas de campo Todas aquelas prácticas necesarias cos equipos ENG para a captación de imaxe e son precisos para a realización dos formatos de video.
10
Traballos de aula Preparacións de escritas de guións, escaletas, plans de traballo, deseños de produción, etc. 20
Sesión maxistral Proba teórica e suposto práctico da materia con preguntas tipo test e pregunta corta . 20
Traballos e proxectos Gravación de programas e produto resultante 20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumno/a terá que acadar unha nota numérica mínima de 5 puntos sobre 10 en cada un dos cinco apartados avaliables, é
dicir, hai que aprobar todos os apartados da materia.

Para a segunda convocatoria, en xullo, se non se chega a un 5 en algún dos apartados cualificables na convocatoria anterior,
o alumno/a terá que presentarse so cos apartados suspensos.

O alumnado que non supere a materia nas dúas convocatorias do curso académico 2014/2015, terá que presentarse con
toda a materia ao ano seguinte.

O alumnado que non poda asistir a clase por causa grave e baixo xustificación, terá que facer un traballo para compensar a
non asistencia a clase, ademais dun exame práctico. Deberá porse en contacto cos docentes no primeiro mes de clase para
determinar o tema do mesmo e as datas.

A non entrega ou entregar fora de prazo dos traballos, significa a perda de avaliación dese apartado.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000