Guia docente 2015_16
Facultade de CC. Sociais e da Comunicación
Grao en Comunicación Audiovisual
 Materias
  Guión, produción e realización para programas de entretemento
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio Se realizan no estudio 1 multicámara, con control de realización, son e ilumincación. 30
Saídas de estudo/prácticas de campo Todas aquelas prácticas necesarias cos equipos ENG para a captación de imaxe e son precisos para a realización dos formatos de video.
10
Traballos de aula Preparacións de escritas de guións, escaletas, pláns de traballo, deseños de produción, etc. 20
Sesión maxistral Exame teórico práctico da materia con preguntas tipo test e pregunta corta sobre os contidos da materia. 20
Traballos e proxectos Gravación de programas e produto resultante 20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumno/a terá que acadar unha nota numérica mínima de 5 puntos sobre 10 en cada un dos cinco apartados avaliables, é
dicir, hai que aprobar todos os apartados da materia.

Para a segunda convocatoria, en xullo, se non se chega a un 5 en algún dos apartados cualificables na convocatoria anterior,
o alumno/a terá que presentarse so cos apartados suspensos.

O alumnado que non supere a materia nas dúas convocatorias do curso académico 2014/2015, terá que presentarse con
toda a materia ao ano seguinte.

O alumnado que non poda asistir a clase por causa grave e baixo xustificación, terá que facer un traballo para compensar a
non asistencia a clase, ademais dun exame práctico. Deberá porse en contacto cos docentes no primeiro mes de clase para
determinar o tema do mesmo e as datas.

A non entrega ou entregar fora de prazo dos traballos, significa a perda de avaliación dese apartado.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000