Guia docente 2017_18
Facultade de CC. Sociais e da Comunicación
Grao en Comunicación Audiovisual
 Materias
  Guión, produción e realización para programas de entretemento
   Atención personalizada
Metodoloxías Descrición
Prácticas de laboratorio No sistema de traballo analizarase a progresión do alumno na realización da documentación implicada no proceso de gravación no laboratorio, e a súa actuación no propio laboratorio no momento de gravación das pezas audiovisuais, atendendo á planificación. Valorarase a súa habilidade para enfocar e solucionar imprevistos e problemas técnicos no laboratorio.
Saídas de estudo/prácticas de campo Neste caso, analizarase a progresión reflectida no resultado dos contidos e baseada na documentación que planifica as saídas.
Traballos de aula Guiarase ó alumnado na elaboración dos traballos en grupo, facendo un seguimento das achegas de documentación e proxectos.
Lección maxistral Neste caso, salvo necesidade excepcional o seguimento realizarase a través das probas teóricas e os seus resultados
Probas Descrición
Traballos e proxectos No sistema de traballo analizarase a progresión do alumno na habilidade de acadar os obxectivos previstos nas planificacións, cos recursos facilitados e as ferramentas desenvolvidas durante o curso. Baseado todo isto, na evolución dos tres proxectos a entregar dende o primeiro ó derradeito, nun ámbito conceptual e práctico.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000