Guia docente 2016_17
Facultade de CC. Sociais e da Comunicación
Grao en Comunicación Audiovisual
 Materias
  Teoría e técnica do documental
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Proxectos Traballo desenvolvido durante o curso que consiste na realización dun proxecto documental 40 C34
Cartafol/dossier Presentación dunha memoria de proxecto documental que deberá incluír os documentos típicos dunha produción audiovisual 10 C34
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Probas para a avaliación que inclúen actividades, problemas ou outros exercicios prácticos a resolver. Os alumnos deben responder á actividade presentada aplicando os coñecementos teóricos e prácticos da materia. Neste caso as probas de exame, orais ou escritas, consistirán na análise dun filme ou fragmento do mesmo a partir do exposto en clase e das lecturas obrigatorias ou recomendadas. 50 C1
C22
D7
D8
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Avaliación baseada na participación activa do alumno e na
entrega dos traballos e exercicios que se lle teñan requirido ao longo do
curso.

Avaliación global do proceso de aprendizaxe e adquisición de competencias e coñecementos a través de probas presenciais.

Cualificación numérica de 0 a 10 segundo a lexislación vixente (RD 1125/2003)

A materia impártese en réxime presencial, por tanto, se o profesor o considera realizará un control de asistencia ao longo do curso.

Para superar a materia é necesario ter aprobadas todas as partes, isto é: a parte teórica, a práctica e superar o control de asistencia, de realizarse.

En caso de suspender a parte práctica na convocatoria de xuño, os alumnos terán que realizar unha serie de traballos prácticos pactados co profesor co obxectivo de superar a materia.

En caso de suspender a parte teórica na convocatoria de xuño, os alumnos deberán superar un exame teórico, en modalidade oral ou escrita, na segunda convocatoria.

Aqueles alumnos que non superasen o control de asistencia, de realizarse, deberán presentar un traballo compensatorio pactado previamente co docente.

En caso de non superar a materia na segunda convocatoria o alumno terá que volver cursar a materia adaptándose á guía docente do curso no que se matricule.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000