Código |
Descrición |
CG1 |
Coñecemento das características esenciais da comunicación, os seus elementos e os seus resultados. |
CG2 |
Coñecemento da realidade político-social do mundo na era da comunicación global. |
CG4 |
Habilidade para expor os resultados dos traballos académicos de maneira escrita, oral ou por medios audiovisuais ou informáticos de acordo aos canons das disciplinas da comunicación. |
CG5 |
Coñecemento dos valores constitucionais, principios éticos e normas deontolóxicas aplicables á comunicación audiovisual, en especial as relativas á igualdade de homes e mulleres, á non discriminación de persoas con discapacidade e ao uso non sexista da imaxe feminina nos medios de comunicación de masas. |
CE11 |
Capacidade para levar a cabo a análise das estruturas, contidos e estilos da programación televisiva. |
CT1 |
Comprender a importancia dos cambios tecnolóxicos, económicos e sociais no desenvolvemento de proxectos audiovisuais |
CT5 |
Comprender a importancia de desenvolver un respecto solidario polas diferentes persoas e pobos do planeta, polos valores universais de educación, cultura, paz e xustiza, polos dereitos humanos, a igualdade de oportunidades e a non discriminación por razóns de sexo, raza ou relixión. |
CT6 |
Comprender a necesidade da conservación do patrimonio lingüístico, audiovisual e cultural de Galicia |