Guia docente 2012_13
Facultade de CC. Sociais e da Comunicación
Grao en Comunicación Audiovisual
 Materias
  Técnicas de programación para televisión
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2012_13
Materia Técnicas de programación para televisión Código P04G070V01902
Titulación
Grao en Comunicación Audiovisual
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 OP 3 1c
Lingua de impartición
Castelán
Prerrequisitos
Departamento Comunicación audiovisual e publicidade
Coordinador/a
Valderrama Santome, Monica
Correo-e santome@uvigo.es
Profesorado
Valderrama Santome, Monica
Web http://www.progratele.blogspot.com
Descrición xeral Na Primeira están pasando Barça-RealMadrid, no mesmo instante en Antena 3 podemos observar que empeza unha serie de corte romántico da que emiten un especial de tres capítulos; este sería un exemplo de contraprogramación en sentido estrito. O motivo é que unha "praza forte" (fútbol) de case irrefutable éxito de audiencia non pode competir e facer un gasto inecesario iestéril para non obter o seguimiento desexado. O máis intelixente parece ser intentar cativar o target tanxencialmente oposto. Esta apaixonante panorámica de loitas encarnadas pola mesma tarta publicitaria foi o núcleo de entendemento da confección das parrillas audiovisuales das últimas décadas e serán as estratexias das canles televisivas as que centrarán a materia que che propoñemos e que talvez xa escolliches.
Pero tamén a evolución da autopublicidad, os novos formatos que han ir xurdindo ata a actualidade ou a imperante sinerxia entre programas serán os eixes desta asignatura, a cal permitirache falar sobre unha realidade próxima, cotiá e sobre a que todos opinan pero sen o calado que ti terás tras habela cursado.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000