Estudo de casos/análises de situacións |
Proba na que se presenta unha situación ou problemática xa dada ou que pode darse, partindo dos diferentes factores involucrados, a análise dos antecedentes, condicións da situación, etc. |
Debates |
Charla aberta entre un grupo de estudantes. Pode centrarse nun tema dos contidos da materia, na análise dun caso, no resultado dun proxecto, exercicio ou problema desenvolvido previamente a unha sesión maxistral... |
Eventos docentes e/ou divulgativos |
Conferencias, charlas, exposicións, mesas redondas, debates, etc. realizados por poñentes de prestixio, que permiten profundizar ou complementar os contidos da materia. |
Sesión maxistral |
Exposición por parte do profesor dos contidos sobre a materia obxecto de estudo, bases teóricas e/ou directrices dun traballo, exercicio ou proxecto a desenvolver polo estudante. |