Guia docente 2020_21
Facultade de CC. Sociais e da Comunicación
Grao en Comunicación Audiovisual
 Materias
  Estrutura do sistema audiovisual
   Competencias
Código Descrición
CG1 Coñecemento das características esenciais da comunicación, os seus elementos e os seus resultados.
CG2 Coñecemento da realidade político-social do mundo na era da comunicación global.
CG4 Habilidade para expor os resultados dos traballos académicos de maneira escrita, oral ou por medios audiovisuais ou informáticos de acordo aos canons das disciplinas da comunicación.
CG5 Coñecemento dos valores constitucionais, principios éticos e normas deontolóxicas aplicables á comunicación audiovisual, en especial as relativas á igualdade de homes e mulleres, á non discriminación de persoas con discapacidade e ao uso non sexista da imaxe feminina nos medios de comunicación de masas.
CE3 Coñecemento teórico-práctico dos mecanismos lexislativos de incidencia no audiovisual, así como o réxime xurídico da súa aplicación nas producións audiovisuais.
CE12 Coñecemento da natureza e interrelaciones entre os suxeitos da comunicación audiovisual: autores, institucións, empresas, medios, soportes e espectadores.
CT1 Comprender a importancia dos cambios tecnolóxicos, económicos e sociais no desenvolvemento de proxectos audiovisuais
CT5 Comprender a importancia de desenvolver un respecto solidario polas diferentes persoas e pobos do planeta, polos valores universais de educación, cultura, paz e xustiza, polos dereitos humanos, a igualdade de oportunidades e a non discriminación por razóns de sexo, raza ou relixión.
CT6 Comprender a necesidade da conservación do patrimonio lingüístico, audiovisual e cultural de Galicia
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000