=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.
=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
Non se contemplan modificacións nas metodoloxías docentes. De ser preciso, as metodoloxías establecidas (lección maxistral, estudo de casos, traballo tutelado) adaptaranse á modalidade de aprendizaxe que sexa preciso adoptar.
Os mecanismos non presenciais de atención ao alumnado (titorías) serán o despacho virtual do campus remoto no horario indicado e o correo electrónico.
=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
Non se contemplan modificacións nos sistemas de avaliación. De ser preciso, os sistemas de avaliación establecidos (traballo tutelado, resolución de problemas ou exercicios, observación sistemática) adaptaranse á modalidade de aprendizaxe que sexa preciso adoptar. Modificarase, en calquera caso, a ponderación das probas.
* Probas
Traballo tutelado: [Peso anterior 40%] [Peso Proposto 60%]
Resolución de problemas ou exercicios [Peso anterior 50%] [Peso Proposto 40%]
Observación sistemática [Peso anterior 10%] [Peso Proposto 0%]
|