Guia docente 2018_19
Facultade de CC. Sociais e da Comunicación
Grao en Comunicación Audiovisual
 Materias
  Estratexias publicitarias e de relacións públicas para produtos audiovisuais
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Estudo de casos Nas sesións prácticas levaranse a cabo a resolución de casos ou estudo de casos relacionados coa promoción audiovisual. 5 B4
B5
C7
C22
D1
Presentación Defensa dos traballos tutelados e dos estudos de caso. Valoraranse criterios como a claridade na exposición oral, aspectos da comunicación non verbal, a orixinalidade da proposta oral, os soportes empregados como apoio (visuais), etc. 10 B4
C7
D5
D6
Traballos de aula Nas sesións prácticas levaranse a cabo outra tipoloxía de traballos na aula relacionados coa publicidade e as relacións públicas aplicadas á promoción de produtos audiovisuais 5 C7
C22
D1
D5
D6
Traballo tutelado O alumnado deberá deseñar un proxecto audiovisual e planificar e executar a súa promoción nas distintas etapas de vida do produto, desde o seu desenvolvemento ata a súa estrea. O traballo desenvolverase en etapas titorizadas con obxectivos e públicos específicos para cada unha de elas:
1. Desenvolvemento e venda dun proxecto audiovisual e elaboración de material promocional
2. Campaña de lanzamento do produto audiovisual
30 B1
B4
C7
C22
D1
D5
Probas de resposta curta Sobre as cuestións tratadas nas clases e seminarios presenciais 50 B1
B2
B5
C7
C22
D1
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

- O alumnado deberá aprobar cada unha das dúas partes para superar a materia: a práctica (formada polos traballos tutelados, os estudos de caso, os traballos de aula e as presentacións, en total 50%) e a parte teórica, que se formula nun exame (que suma o outro 50%).

- O exame terá lugar únicamente nas datas oficiais aprobadas polo centro. 

- A asistencia á materia é obrigatoria. Para poder ser avaliado da parte práctica da materia é un requisito imprescindible asistir ás sesións prácticas. 

- Tomarase nota da asistencia das alumnas e dos alumnos a todas as sesións prácticas. Aquelas ou aqueles con máis dun 50% de faltas de asistencia non serán avaliados de dita parte práctica. 

- As faltas de asistencia deberán ser xustificadas no momento (no periodo dun máximo de dúas semanas desde que se produza) e non se aceptarán si estas se producen ao final do cuatrimestre. 

- Aquelas alumnas ou alumnnos que por causas xustificadas non poidan acudir ás
clases con regularidade deberán poñerse en contacto coa profesora ao comezo
do curso. Non se aceptarán traballos entregados ao final do curso sen ter as sesións de titorización obrigatorias coa docente. 

- Non serán avaliados aqueles traballos entregados fóra da data establecida.

- Todos os membros dos grupos de traballo terán a mesma cualificación nos traballos entregados, con excepción daqueles casos nos que non se asista a algunha das sesións de práctica nas que se realice un traballo de aula ou se solicite unha entrega nesa sesión e non dispoña de xustificante para a súa ausencia. 

- O sistema de avaliación para as convocatorias de xullo/fin de carreira será o mesmo que para a convocatoria propia do segundo cuatrimestre, coa excepción que no caso de que se suspenda a parte práctica, os traballos serán realizados de forma individual e non en grupo e non será avaliable a parte correspondente aos traballos e participación na aula. 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000