Guia docente 2017_18
Facultade de CC. Sociais e da Comunicación
Grao en Comunicación Audiovisual
 Materias
  Estratexias publicitarias e de relacións públicas para produtos audiovisuais
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Estudo de casos/análises de situacións Nas sesións prácticas levarán a cabo a resolución de casos ou estudo de casos relacionados coa promoción audiovisual. 10 B4
B5
C7
C22
D1
Presentacións/exposicións Defensa dos traballos tutelados e dos estudos de caso. Valoraranse criterios como a claridade na exposición oral, aspectos da comunicación non verbal, a orixinalidade da proposta oral, os soportes empregados como apoio (visuais), etc. 10 B4
C7
D5
D6
Traballo tutelado O alumnado deberá deseñar un proxecto audiovisual e planificar e executar a súa promoción nas distintas etapas da vida do produto, desde o seu desenvolvemento ata a súa estrea. O traballo desenvolverase en etapas titorizadas con obxectivos e públicos específicos para cada unha delas:
1. Desenvolvemento e venda de proxecto audiovisual e elaboración de material promocional
2. Campaña de lanzamento do produto audiovisual
30 B1
B4
C7
C22
D1
D5
Probas de resposta curta Sobre as cuestións tratadas nas clases e seminarios presenciais 50 B1
B2
B5
C7
C22
D1
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

- O alumnado deberá aprobar cada unha das dúas partes para superar a materia: a práctica (formada polos traballos tutelados, os estudos de caso e as presentacións, en total 50%) e a parte teórica, que se formula nun exame (que suma o outro 50%).

- O exame terá lugar nas datas oficiais aprobadas polo centro.

A asistencia á materia é obrigatoria. Para poder ser avaliado da parte práctica da materia é un requisito imprescindible asistir ás sesións de práctica e seminarios. Aqueles con máis dun 50% de faltas de asistencia non serán avaliados de #o dita parte práctica.

- Aqueles alumnos que por causas xustificadas non poidan acudir ás
clases con regularidade deberán porse en contacto co profesor ao comezo
do curso.

- Non serán avaliados aqueles traballos entregados fóra da data establecida.

- O sistema de avaliación para as convocatorias de xullo/outubro será o mesmo que para a convocatoria de xaneiro, coa excepción que no caso de que se suspenda a parte práctica, os traballos serán realizados de forma individual e non en grupo.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000