Guia docente 2016_17
Facultad de CC. Sociales y de la Comunicación
Grao en Comunicación Audiovisual
 Materias
  Estratexias publicitarias e de relacións públicas para produtos audiovisuais
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Estudo de casos/análises de situacións Nas sesións prácticas levarase a cabo a resolución de casos ou estudo de casos relacionados coa promoción audiovisual. 10 C3
C4
C13
D1
D4
D5
D8
Presentacións/exposicións Defensa dos traballos tutelados. Valoraranse criterios como a claridade na exposición oral, aspectos da comunicación non verbal, a orixinalidade da proposta oral, os soportes empregados como apoio (visuais), etc.
A puntuación máxima será de 0,5 puntos pola presentación de cada traballo tutelado.
10 D2
D6
Traballos tutelados O alumnado deberá deseñar un proxecto audiovisual e planificar e executar a súa promoción nas distintas etapas da vida do produto, desde o seu desenvolvemento ata a súa estrea. O traballo desenvolverase en etapas titorizadas con obxectivos e públicos específicos para cada unha delas:
1. Desenvolvemento e venda dun proxecto audiovisual e elaboración de material promocional
VALORACIÓN: 1.5 puntos (2 puntos en total coa súa defensa)
2. Campaña de lanzamento do produto audiovisual
VALORACIÓN: 1.5 puntos (2 puntos en total coa súa defensa)
30 C3
C4
C13
C21
C24
C25
C27
D8
Probas de resposta curta Sobre as cuestións tratadas nas clases e seminarios presenciais 50 C3
C4
C13
D4
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

- O alumnado deberá aprobar cada unha das dúas partes para superar a materia. Na parte práctica deberá aprobar cada un dos dous traballos de curso propostos (que suman un 40%) do mesmo xeito que o exame (que suma un 50%).

- O exame terá lugar nas datas oficiais aprobadas polo centro.

- A asistencia á materia é obrigatoria. - Para poder ser avaliado da parte práctica da materia é un requisito imprescindible asistir ás sesións de práctica e seminarios. Aqueles con máis dun 50% de faltas de asistencia non serán avaliados da parte práctica.

- Aqueles alumnos que por causas xustificadas non poidan acudir ás
clases con regularidade deberán porse en contacto co profesor ao comezo
do curso.

- Non serán avaliados aqueles traballos entregados fóra da data establecida.

- O sistema de avaliación para as convocatorias de xullo/outubro será o mesmo que para a convocatoria de xaneiro, coa excepción que no caso de que se suspenda a parte práctica, os traballos serán realizados de forma individual e non en grupo.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000