Guia docente 2015_16
Facultade de CC. Sociais e da Comunicación
Grao en Comunicación Audiovisual
 Materias
  Expresión sonora e estilos musicais
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Actividades encamiñadas a tomar contacto e reunir información sobre o alumnado, así como a presentar a materia.
Sesión maxistral Consistirá no estudo teórico dos conceptos clave. Dividimos a materia en 4 grandes bloques: No primeiro bloque abordaremos os principios físicos do son, as características fisiolóxicas da audición e escoita e as particularidades da voz. No terceiro bloque estudaremos os elementos dunha banda sonora e a metodoloxía de análise da mesma. O cuarto bloque pretende abordar o aspecto técnico da captación e posterior tratamento do son. Trataremos aqui, as metodoloxía, procesos e ferramentas tanto da captación do son, coma da posprodución do mesmo. O quinto bloque é continuación do anterior e pretende esclarecer a achega narrativa e expresiva que a música fai á banda sonora. Estudaremos, neste bloque, a relación da música cos demais elementos dunha banda sonora, e os estilos musicais ó longo da cinematografía e a historia audiovisual.
Traballos tutelados Os alumnos realizarán o rexistro sonoro e de imaxe dun diálogo. Esta recollida realizarase en exteriores e nun espazo pechado. Ademais realizarán a toma de son ambiente necesaria para crear a banda sonora desta escena. Este labor será realizado en grupo e de forma autónoma, pero sempre baixo a supervisión do profesor, que achegará as indicacións necesarias para o correcto rexistro. Realiarán tamén unha reportaxe sobre estilos musicais
Obradoiros En obradoiro pretendemos que os alumnos poñan en práctica os conceptos expostos polo profesor no referente aos aspectos instrumentais da materia. Isto levarase a cabo mediante o procesado do audio recollido previamente, e de forma autónoma, polos alumnos. Tamén se realizará a locución ante un micrófono e o rexistro sonoro desta. Dentro de estos obradoiros, o alumnado captará sons de xeito directo en exteriores e interiores, que posteriormente utilizará en posprodución para a sonorización dunha peza visual.

Prácticas de laboratorio Os alumnos realizarán a recreación dun espazo sonoro ou unha sesión de efectos foley ( no estudo de gravación). Este traballo levarase a cabo nas estacións dixitais de procesado de audio coas que conta a facultade. Os alumnos deberán sonorizar varias pezas visuais, acadando as intencións expresivas requeridas.


Estudo de casos/análises de situacións Realizásese a análise de determinados fragmentos, representativos, de varias bandas sonoras. Mediante este estudo poñeremos de manifesto os aspectos expresivos narrativos e formais de cada un dos elementos que as conforman

Seminarios Poderán realizarse charlas e seminarios con profesinais do medio
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000