Guia docente 2015_16
Facultade de CC. Sociais e da Comunicación
Grao en Comunicación Audiovisual
 Materias
  Expresión sonora e estilos musicais
   Competencias
Código Descrición
A5 Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
C1 Coñecemento da historia e evolución da fotografía, cine, radio e televisión a través das súas propostas estéticas e industriais, ademais da súa relevancia social e cultural no tempo.
C5 Coñecemento do uso das técnicas e as tecnoloxías audiovisuais en función das súas capacidades expresivas asociadas ós diferentes contextos industrias
C9 Coñecemento teórico-práctico e aplicación das tecnoloxías aos medios de comunicación audiovisuais (fotografía, radio, son, televisión, vídeo, cine, e soportes interactivos)
C12 Coñecemento da planificación sonora e das representacións acústicas do espazo, así como os elementos constitutivos de deseño e a decoración sonora (“sound designer”) Estes coñecementos tamén envolverán a relación entre os sons e as imaxes desde o punto de vista estético e narrativo nos diferentes soportes e tecnoloxías audiovisuais. Tamén se inclúen os modelos psicolóxicos especificamente desenvolvidos para a comunicación sonora e a persuasión a través do son.
C15 Capacidade e habilidade para xerir técnicas e procesos de produción, rexistro e difusión na organización da produción radiofónica, discográfica e outros produtos sonoros.
C20 Capacidade para desenvolver medicións vinculadas coas cantidades e calidades do son durante o proceso de construción do audio, a partir do coñecemento teórico e práctico dos fundamentos científicos da acústica.
C28 Capacidade para realizar a ordenación técnica dos materiais sonoros e visuais conforme a unha idea utilizando as técnicas narrativas e tecnolóxicas necesarias para a elaboración, composición, acabado e masterización de diferentes produtos audiovisuais e interactivos.
C29 Capacidade para deseñar e concibir a presentación estética e técnica da posta en escena a través das fontes de luz e acústicas naturais ou artificiais atendendo ás características creativas e expresivas que propón o director do proxecto audiovisual.
C30 Capacidade para recrear o ambiente sonoro dunha produción audiovisual ou Multimedia Interactiva atendendo á intención do texto e da narración mediante a utilización de banda sonora, efectos sonoros e soundtrack.
C31 Capacidade para incorporarse e adaptarse a un equipo audiovisual profesional, facendo compatibles e mesmo sinérxicos os seus propios intereses particulares e os do proxecto colectivo no que se incorporou.
C32 Capacidade para percibir críticamente a nova paisaxe visual e auditiva que ofrece o universo comunicativo que nos rodea, considerando as mensaxes icónicas como froito dunha sociedade determinada, produto das condicións sociopolíticas e culturais dunha época histórica determinada.
C34 Coñecemento dos fundamentos procedimentais e narrativos vencellados á produción audiovisual de non ficción.
D1 Capacidade de adaptación aos cambios tecnolóxicos, empresariais ou organigramas laborais
D2 Capacidade de traballo en equipo e de comunicación das propias ideas mediante a creación dun ambiente propicio, así como capacidade para integrarse nun proxecto común encamiñado á obtención de resultados
D3 Capacidade para asumir riscos expresivos e temáticos, aplicando solucións e puntos de vista persoais no desenvolvemento dos proxectos.
D4 Capacidade para tomar decisións fundamentadas en situacións de incerteza, asumindo de forma constructiva as consecuencias e resultados obtidos.
D5 Práctica sistemática de autoavaliación crítica de resultados: valoración da importancia de corrixir e axustar constantemente os erros cometidos nos procesos creativos ou organizativos
D6 Orde e método: habilidade para a organización e temporalización das tarefas, realizándoas de xeito ordenado adoptando con lóxica as decisións prioritarias nos diferentes procesos de produción audiovisual
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000