1 - Non é obrigatoria a asistencia ás clases prácticas, pero se será imprecindible para optar á cualificación do primeiro apartado. Se o alumno non asiste á clase, non se lle admitirá a entrega da práctica correspondente a ese día, perdendo a parte correspondente da cualificación. 2 - O traballo práctico individual poderá ser sustituído por un traballo teórico, a elección do alumno. En calqueira caso, o alumno que non teña asistido, polo menos, ao 70% das clases prácticas, presentará un traballo teórico, non práctico. 3 - Na segunda edición das actas (xullo), a cualificación efectuarase polo mesmo procedemento. Loxicamente, o traballo en grupo non se poderá repetir, manténdose a cualificación da primeira convocatoria. 4 - Aínda cando só contribúen cun 30% á cualificación final, unha nota inferior a 4 nas probas de teoría, significará o suspenso na materia na correspondente convocatoria. Manterase, no entanto, a cualificación da parte aprobada para a edición de xullo. En ningún caso se conservara ningunha cualificación para anos académicos posteriores. 5 - Resérvase un 10% de cualificación adicional para aqueles alumnos cuxos traballos de aula destaquen pola súa orixinalidade e perfeción gráfica e animada. |