Guia docente 2017_18
Facultade de CC. Sociais e da Comunicación
Grao en Comunicación Audiovisual
 Materias
  Animación en contornas dixitais e multimedia
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado 2 traballos de animación, un individual e outro en grupo.
O traballo individual puntuará un 30% se é de índole práctica, ou un 20% se é teórico

O traballo en grupo consistirá na elaboración dun stop motion e puntuará un 20%
50 B3
B4
B6
C8
C19
D2
D3
D4
Resolución de problemas e /ou exercicios de forma autónoma Traballos de animación simples, propostos e executados nas clases prácticas.
Puntuarase a puntualidade na entrega e a calidade do traballo.
20 B3
B6
C8
C19
Probas de resposta curta Examen, de respostas curtas ou tipo test, para comprobar os coñecementos que adquiriu o alumno sobre os conceptos teóricos da materia.
Poderase dividir en varias probas parciais, para distribuír o contido, en consonancia cos criterios de avaliación contínua
30 B6
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1 - Non é obrigatoria a asistencia ás clases prácticas, pero se será imprecindible para optar á cualificación do primeiro apartado. Se o alumno non asiste  á clase, non se lle admitirá a entrega da práctica correspondente a ese día, perdendo a parte correspondente da cualificación.

2 - O traballo práctico individual poderá ser sustituído por un traballo teórico, a elección do alumno. En calqueira caso, o alumno que non teña asistido, polo menos, ao 80% das clases prácticas, presentará un traballo teórico, non práctico.

3 - Na segunda edición das actas (xullo), a cualificación efectuarase polo mesmo procedemento. Loxicamente, o traballo en grupo non se poderá repetir, manténdose a cualificación da primeira convocatoria.

4 - Aínda cando só contribúen cun 30%  á cualificación final, unha nota inferior a 4 nas probas de teoría, significará o suspenso na materia na correspondente convocatoria. Manterase, no entanto, a cualificación da parte aprobada para a edición de xullo. En ningún caso se conservara ningunha cualificación para anos académicos posteriores.

5 - Resérvase un 10% de cualificación adicional para aqueles alumnos cuxos traballos de aula destaquen pola súa orixinalidade e perfeción gráfica e animada.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000