Guia docente 2015_16
Facultade de CC. Sociais e da Comunicación
Grao en Comunicación Audiovisual
 Materias
  Animación en contornas dixitais e multimedia
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas en aulas de informática 10 actividades prácticas sinxelas, a realizar en clase de informática. Cada alumno, a través da plataforma Faitic, disporá de 1 semana para completala, se non o fixo durante a clase

As actividades entregadas con atraso (máximo de 1 semana) penalizaranse coa metade da cualificación. NON se terán en conta neste apartado as actividades entregadas fóra do prazo anterior (1 semana)

O alumno que a través destes traballos demostre unha especial aptitude para o deseño e animación de personaxes, poderá ver incrementada a súa cualificación ata un 10% adicional
20 C24
C28
D2
D7
D8
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma

O traballo práctico de animación cualifícase cun 30% da cualificación total

Na proposta de traballo definiranse os criterios de cualificación
30 C3
C24
C28
C31
Probas de resposta curta Exámen, de respostas curtas ou tipo test, para comprobar os coñecementos que adquiriu o alumno sobre os conceptos teóricos da materia.
Poderase dividir en varias probas parciais, para distribuír o contido, en consonancia cos criterios de avaliación contínua
20 C1
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Proba práctica de resolución de exercicios similares aos efectuados en clase
Poderase dividir en varias probas parciais, para distribuír contido, en consonancia cos criterios de avaliación contínua
30 C24
C28
D2
D7
D8
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1 - É obrigatoria a asistencia ás clases de laboratorio de informática  para poder entregar a actividade práctica correspondente. Admitirase, para cada alumno, un máximo de 3 ausencias, durante as cales se poderá entregar a actividade aínda faltando á correspondente clase. Por encima dese número, valoraranse unicamente as actividades entregadas con asistencia

2 - Co obxecto de que, aínda non asistindo ás clases prácticas, un alumno poida obter a máxima cualificación, todo estudante poderá solicitar, se lle beneficia, a anulación da súa cualificación de Prácticas na aula de Informática. Neste caso, a Proba Práctica terá un peso do 50% na cualificación final

 

3 - Na segunda edición das actas (xullo), a cualificación efectuarase polo mesmo procedemento. No entanto, o alumno que non supere o exámen práctico poderá optar pola realización dun traballo, igualmente de índole práctica. A cualificación do último apartado, neste caso, será a nota media do exámen práctico da primeira convocatoria e do traballo práctico da 2ª

 

4 - Aínda cando só contribúen cun 50% global á cualificación final, unha nota inferior a 5 nas probas de teoría ou práctica (os 2 últimos apartados), significarán o suspenso na materia na correspondente convocatoria. Manterase, no entanto, a cualificación da parte aprobada para a edición de xullo. En ningún caso conservarase ningunha cualificación para anos académicos posteriores

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000