Guia docente 2015_16
Facultade de CC. Sociais e da Comunicación
Grao en Comunicación Audiovisual
 Materias
  Ciencia política: Políticas públicas do audiovisual
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Sesión maxistral Exposición do contido temático dos distintos epigrafes referenciados nos Contidos da materia. o profesor empregará como soporte os medios audiovisuais dispoñibles na aula.
Traballos de aula Realización de traballos tutelados polo profesor encol dos temas da materia singularmente os referidos ao proceso de deseño, execución e avaliación das politicas publicas do audiovisual.
Estudo de casos/análises de situacións Exposición e estudo de casos que ilustren a implementación das Politicas Públicas do audiovisual e discusión dos diferentes aspectos nos que se desenvolven os tópicos mais relevantes da materia.
Debates Preparación e realización de debates na aula na que os alumnos amosen a sua capacidade analítica e criativa en relación con aquelas cuestións que son susceptibles de ser enfocadas dende diversas posicións e tratamentos en canto politicas publicas do audiovisual. Prestarase especial atención aos diversos plantexamentos que as politicas publicas do audiovisual poden adoptar en cuestións como a protección das linguas, a igualdade de xenero, a protección da infancia, a privatización dos servicios publicos de radiodifusión e outros semellantes.
Actividades introdutorias Presentación da materia e dos seus diversos enfoques epistemolóxicos. Relevancia do coñecemento das politicas publicas para o profesional do audiovisual.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000