Guia docente 2015_16
Facultad de CC. Sociales y de la Comunicación
Grao en Comunicación Audiovisual
 Materias
  Ciencia política: Políticas públicas do audiovisual
   Resultados de aprendizaxe
Resultados previstos na materia Resultados de Formación e Aprendizaxe
Reunir e interpretar información e datos relativos as políticas publicas do audiovisual e argumentar e defender posicións respecto a estas políticas públicas e valorar o impacto que estas teñen na sociedade e especificamente nas estratexias desenvolvidas polos diferentes actores implicados nas mesmas. A3
Presentar de forma adecuada os resultados dos traballos académicos de xeito oral ou por medios audiovisuais ou informáticos consonte os cánones das disciplinas da comunicación A4
Describir as principais características e aspectos diferencias do contexto político-social do mundo na era da comunicación global B2
Identificar e describir as políticas públicas de subvención da produción e distribución audiovisual nos ámbitos europeos, nacional e autonómico, así como as condicións legais e financeiras para a súa obtención, incluíndo os programas I+D+i e os beneficios da colaboración entre empresas de ámbito internacional. Análise de oportunidades, riscos e efectos das devanditas políticas B3
Describir os mecanismos lexislativos de incidencia no audiovisual ou na comunicación, así como o réxime xurídico da súa aplicación nas producións audiovisuais. Identificar os actores principais actores que participan nas políticas públicas do audiovisual nas diferentes instancias e eidos nos que se contrastan e se confrontan. C10
Desenvolver a capacidade de traballo en equipo. Comunicar as propias ideas na resolución de tarefas e exercicios propostos. Integrar nun proxecto común encamiñado á obtención de resultados as propias aportacións. D2
Descubrir solucións e puntos de vista persoais no desenvolvemento dos proxectos. D3
Crear solucións axeitadas en situacións de incerteza, asumindo responsabilidades. D4
Descubrir e aplicar a autocorrección e axustar constantemente os erros cometidos nos procesos creativos ou organizativos D5
Comprender e argumentar a necesidade de conservación do patrimonio cultural e audiovisual de Galicia e do mundo D8
Analizar e describir as características que definen a nova paisaxe visual e auditiva que ofrece o universo comunicativo que nos rodea. A3
Interpretar as mensaxes icónicas como froito dunha sociedade determinada, produto das condicións sociopolíticas e culturais dunha época histórica determinada A3
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000