Guia docente 2015_16
Facultade de CC. Sociais e da Comunicación
Grao en Comunicación Audiovisual
 Materias
  Empresa: Dirección e xestión de empresas audiovisuais
   Resultados de aprendizaxe
Resultados previstos na materia Resultados de Formación e Aprendizaxe
Analizar e interpretar datos relevantes para poder opinar así como emitir xuízos de valor sobre temas relevanes de índole social, científica e ética A3
Comprender a realidade de política-social na era da comunicacion global. B2
Coñecer as políticas públicas de subvención da produción e distribución audiovisual nos ámbitos europeos, nacional e autonómico, así como as condicións legais e financeiras para a súa obtención, incluíndoos programas I+D+i e os beneficios da colaboración entre empresas de ámbito internacional. Tamén inclúe analizar as oportunidades, riscos e efectos das ditas políticas. B3
Coñecer e seleccionar as técnicas e procesos de produción na organización de eventos culturais máis adecuados en cada situación, mediante a planificación dos recursos humanos e técnicos implicados, axustándose a un orzamento previo. B4
Expor os resultados dos traballos académicos de maneira oral ou por medios audiovisuais ou informáticos de acordo aos canons das disciplinas da comunicación, escollendo en cada momento o medio máis adecuado B5
Definir proxectos persoais de creación innovadora que poidan contribuír ao coñecemento ou desenvolvemento das linguaxes audiovisuais ou á súa interpretación. B6
Preparar para adaptarse aos cambios tecnolóxicos, empresariais ou organigramas laborais. D1
Adaptarse para o traballo en equipo e de comunicación das propias ideas mediante a creación dun ambiente propicio, así como para integrarse nun proxecto común destinado á obtención de resultados D2
Comprender en que consiste a asunción de riscos expresivos e temáticos, aplicando solucións e puntos de vista persoais no desenvolvemento dos proxectos, e valorar en cada momento o risco que se debe asumir D3
Elixir de forma fundamentada en situacións de incerteza, asumindo de forma construtiva as consecuencias e resultados obtidos. D4
Realizar de forma sistemática autoevaluación crítica de resultados: valoración da importancia de corrixir e axustar constantemente os erros cometidos nos procesos creativos ou organizativos D5
Organizar e temporalizar as tarefas: realizalas de maneira ordenada adoptando con lóxica as decisións prioritarias nos diferentes procesos de produción audiovisual D6
Aplicar os valores universais de educación, cultura, paz e xustiza, e polos dereitos humanos, a igualdade de oportunidades e a non discriminación de mulleres e persoas con discapacidade. D7
Identificar e aplicar os procesos e técnicas implicadas na dirección e xestión de empresas audiovisuais na súa estrutura industrial: análise de mercado, produción, distribución e exhibición, así como o fomento da actividade emprendedora e do concepto de empresa como unidade básica de produción audiovisual. C23
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000