Guia docente 2015_16
Facultade de CC. Sociais e da Comunicación
Grao en Comunicación Audiovisual
 Materias
  Comunicación: Tecnoloxía dos medios audiovisuais
   Resultados de aprendizaxe
Resultados previstos na materia Resultados de Formación e Aprendizaxe
Recordar e relatar a historia e evolución dos diferentes elementos da tecnoloxía audiovisual (cine, radio, vídeo e televisión) a través das súas propostas estéticas e industriais, ademais da súa relevancia social y cultural ao longo do tempo. C1
C2
C5
Manexar os elementos máis sinxelos das técnicas e as tecnoloxías audiovisuais (cámara, focos de iluminación, micrófonos, edición) en función das súas capacidades expresivas. C8
Recordar e reproducir de forma teórica e práctica as tecnoloxías dos medios de comunicación audiovisuais (son, televisión e vídeo). C9
Analizar e distinguir a relación entre os sons e as imaxes dende o punto de vista estético e narrativo en diferentes soportes e tecnoloxías audiovisuais. C20
C28
Desenvolver medicións sinxelas vinculadas coa cantidade de luz e a calidade cromática durante o proceso de construción das imaxes, a partir do coñecemento teórico e práctico dos fundamentos científicos da óptica. C19
Desenvolver medicións sinxelas vinculadas coas cantidades e calidades do son durante o proceso de construción do audio, a partir do coñecemento teórico e práctico dos fundamentos científicos da acústica. C20
Empregar adecuadamente as ferramentas tecnolóxicas, especialmente informáticas, nas diferentes fases do proceso de edición de imaxes, para expresarse coa calidade técnica imprescindible. C28
Demostrar a capacidade de traballo en equipo e de comunicación das propias ideas mediante a creación dun ambiente propicio, así como a capacidade para integrarse nun proxecto común destinado á obtención de resultados. D2
Asumir riscos expresivos e temáticos, aplicando solucións e puntos de vista persoais no desenvolvemento dos proxectos. C31
D2
Practicar de forma sistemática a autoavaliación crítica de resultados; valorar a importancia de corrixir e axustar constantemente os erros cometidos nos procesos creativos ou organizativos. D5
Fomentar a sensibilidade, o respecto e a necesidade de conservación do patrimonio cultural e audiovisual de Galicia e do mundo. D8
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000