Guia docente 2018_19
Facultade de CC. Sociais e da Comunicación
Grao en Comunicación Audiovisual
 Materias
  Ciencia política: Política, cidadanía e democracia
   Resultados de aprendizaxe
Resultados previstos na materia Resultados de Formación e Aprendizaxe
1 - Posuír a capacidade suficiente para reunir, adquirir e interpretar coñecemento; elaborar argumentos e defender criterios dunha maneira profesional nun ámbito de traballo. Así mesmo transmitir información, ideas, problemas, preguntas e propostas de solución a un público especializado ou non. A1
B4
D5
2 - Coñecer a realidade xurídica, política e social no campo do audiovisual e comunicación sen esquecer os principios éticos e valores fundamentais dunha sociedade democrática B1
B5
C3
3 - Coñecer o ámbito da comunicación e do audiovisual desde un punto de vista globalizado e de goberno multinivel. Así mesmo percibir críticamente a nova paisaxe visual e auditiva que ofrece o universo comunicativo que nos rodea, considerando a comunicación visual como produto das condicións sociopolíticas e culturais dunha época histórica determinada B1
B2
C2
D1
4 - Traballar en equipo, saber traballar e xestionar os problemas a través dun ambiente propicio, de respecto, solidario e de traballo en común á vez de eficiente e eficaz A1
D1
D5
5 - Sensibilidade, respecto e necesidade de conservación do patrimonio cultural e audiovisual de Galicia e do mundo D6
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000