Guia docente 2018_19
Facultade de CC. Sociais e da Comunicación
Grao en Comunicación Audiovisual
 Materias
  Socioloxía: Socioloxía do cambio social e cultural
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Realización de exercicios de avaliación contínua sobre as lecturas ou materiais audiovisuais introducidos nas clases de teoría e prácticas, ao remate de cada un dos temas. 40 A3
B1
B2
B4
C2
C18
D1
D5
Probas de resposta curta Nas convocatorias oficiais de exame resolverase un exercicio que combina preguntas tipo test e de respostas breves sobre os contidos impartidos no cuadrimestre. 50 A3
B1
B2
B4
C2
C18
D1
D5
Proxecto Realización dun traballo de creación grupal consistente na redacción ou adaptación dun guión radiofónico, e da súa gravación, nunha peza que non exceda os dez minutos. 10 A3
B1
B2
B4
B5
C2
D5
D6
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

É preciso acadar un 4 nos exames das convocatorias oficiais para facer media ponderada co resto de cualificacións obtidas pola/o alumna/o.

No caso de non facer seguemento da avaliación contínua e realizar o exame da convocatoria oficial, a cualificación máxima que se poderá acadar na materia é a de aprobado (entre 5 e 6,9 sobre 10).

En consideración do alumnado coa materia pendente pero que ten un coñecemento previo dos contidos, contemplase a posibilidade da realización dun cartafol de recensións cuxa calidade pode supor ate 3 puntos. Desta maneira a cualificación do exame da convocatoria oficial ao que é preceptivo presentarse, sería ponderada por 0,7 e sumaríaselle a nota acada no cartafol. O alumnado interesado en acollerse a esta modalidade de avaliación terá que comunicarllo persoalmente ao docente quen indicará os textos sobre os que realizar o cartafol.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000