Guia docente 2019_20
Facultade de CC. Sociais e da Comunicación
Grao en Comunicación Audiovisual
 Materias
  Lingua: Lingua española
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Resolución de problemas Valorarase a participación activa na aula tanto na resolución de exercicios como nas preguntas e comentarios que se fagan.
10
CB1
CG1
CE1
CT1
Presentación 1. Elección dun tema relacionado con algún dos contidos vistos na aula, e elaboración dun breve traballo de análise que terá que ir acompañado dunha exposición oral na aula (en grupo).

2. Preparación e presentación individual, de xeito oral, dun aspecto vencellado á lingua española ("A lingua española nun minuto")
30 (20 + 10)
CG4
CE1
CT1
CT5
CT6
Debate Valorarase a participación activa, a aportación de ideas e a contribución ao debate dos alumnos. 10
CG2
CG4
CG5
CE1
CT1
Resolución de problemas de forma autónoma Entrega dun traballo sobre o libro Lección pasada de moda, de Javier Marías.
Entrega dunha práctica de escritura.
20
CB1
CG1
CG4
CE1
CT1
Exame de preguntas de desenvolvemento Ao final do curso os alumnos farán unha proba escrita na que terán que demostrar a adquisición dos contidos téóricos do curso e un bo dominio da competencia lingüística do español. 30
CB1
CG1
CG4
CE1
CT1
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación será continua. Para poder seguir esta avaliación o alumno deberá asistir ao 80% das horas de clase. A participación activa será puntuada na nota global.

Para superar a materia o alumno ten que realizar todos os traballos estipulados polo profesor (traballos de aula, traballos tutelados, exposicións orais). A entrega de prácticas ou exercicos propostos terá que realizarse na data establecida polo profesor. Fóra dese prazo non serán admitidos. O feito de non entregar algún dos traballos que conforman a avaliación suporá a perda do dereito á avaliación continua e, polo tanto, a obrigatoriedade de facer a proba final na data establecida polo centro.

A nota final será a suma de todas as calificacións obtidas nos traballos e na proba final.

AVISO: a detección de plaxio nalgún dos traballos suporá a perda do dereito á avaliación continua.

2ª Edición de actas

O alumnado que non cumpra os requisitos da avaliación continua poderá realizar un único exame na convocatoria de xullo, na data estipulada oficialmente. Este exame terá unha parte teórica e outra práctica (oral e escrita).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000