Guia docente 2018_19
Facultade de CC. Sociais e da Comunicación
Grao en Comunicación Audiovisual
 Materias
  Lingua: Lingua española
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral As horas destinadas ás sesións maxistrais centraranse na explicación dos contidos teóricos da materia.
Resolución de problemas Nas horas marcadas na planificación para a resolución de problemas e exercicios, realizaranse prácticas tanto da norma e do uso do español como de análise e produción de textos escritos, orais e audiovisuais.
Presentación Os alumnos elexirán temas relativos aos contidos da materia, a partires do visto nas aulas e nas titorías, e realizarán sobre eles unha análise teórica e unha exposición oral na aula (en grupo).
Adenais, os alumnos, de manera individual, prepararán e presentarán na aula un aspecto vencellado á lingua española ("A lingua nun minuto")
Debate Intercambio de ideas e argumentacións sobre os contidos da materia.
Titoría en grupo Estas titorías destinaranse á resolución de dúbidas que poidan xurdir aos alumnos e que non sexan tratadas na aula; tamén servirán para orientar aos alumnos na realización dos traballos e das exposicións fixadas.
Resolución de problemas de forma autónoma Os alumnos realizarán exercicios sobre textos propostos pola profesora.
Actividades introdutorias Presentación dos contidos da materia; o obxectivo e saber cal é a relación que os alumnos establecen entre a lingua española e a comunicación audiovisual: "a comunicación como marco de reflexión sobre a lingua".
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000