Guia docente 2017_18
Facultade de CC. Sociais e da Comunicación
Grao en Comunicación Audiovisual
 Materias
  Lingua: Lingua galega
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Haberá un exame ó final do cuadrimestre sobre os contidos tratados nas aulas e seminarios. Conterá unha parte teórica e unha parte práctica de maneira que se poidan verificar os coñecementos adquiridos e a competencia lingüística no galego. 25 B2
B5
C1
D6
Resolución de problemas O profesor especificará as actividades prácticas que son avaliables. Ao longo do curso iranse valorando as actividades escritas (exercicios, pequenos traballos, informes sobre os traballos tutelados) que se vaian entregando. 20 B4
B5
C1
D5
D6
Seminario Valorarase o traballo previo do grupo de estudantes encargados de preparar o tema do seminario; a claridade e orixinalidade da presentación e a participación activa do resto da clase despois da exposición, en particular as preguntas, suxestións e comentarios que se fagan. 20 B5
D1
D6
Traballo tutelado Valorarase o proceso de investigación e o resultado final. Terase en conta a forma e presentación externa (grafismo, ilustracións), a organización, as fontes e referencias usadas, a calidade dos argumentos e o coidado da lingua. 35 A1
B1
B5
C1
D6
Eventos docentes y/o divulgativos Valorarase, se o houbese, o traballo escrito de recensión e comentario do evento. 0
 
Outros comentarios sobre a Avaliación





Avaliación continua a través do seguimento das
lecturas, titorías e traballos realizados ao longo do curso con exame final.


Avaliación global do proceso de aprendizaxe e
adquisición de competencias e coñecementos a través de probas presenciais.


Avaliación baseada fundamentalmente na participación do estudante e
na entrega dos traballos e exercicios que se requiriron ao longo do curso.


A segunda convocatoria consistirá nun exame escrito e
nunha proba oral. Poderíase valorar tamén a presentación dun traballo
previamente acordado co profesor.


Cualificación numérica de 0 a 10 segundo a lexislación
vixente (RD 1125/2003).


Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000