Guia docente 2015_16
Facultade de CC. Sociais e da Comunicación
Grao en Comunicación Audiovisual
 Materias
  Lingua: Lingua galega
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Presentación dos contidos e metodoloxía da materia.
Sesión maxistral Exposición do profesor dos contidos da materia coas explicacións pertinentes relativas ás bases teóricas que a sustentan e ás directrices dos traballos, exercicios ou proxectos que os estudantes deben levar a cabo.
Resolución de problemas e/ou exercicios Actividade na que se formulan problemas ou exercicios prácticos relacionados coa materia (por exemplo, de corrección lingüística e estilística para mellorar a gramática e o léxico). É un complemento indispensable da lección maxistral. O estudante debe desenvolver as solucións adecuadas mediante a exercitación de rutinas, aplicación de procedementos de transformación da información e interpretación dos resultados.
Seminarios Actividades centradas en temas concretos que permiten afondar ou completar os contidos da materia. Complementan as clases teóricas e favorecen a práctica da lingua oral e a exercitación na exposición pública. Para o caso un alumno ou un grupo preparará algún dos subtemas que aparecen no programa fóra da clase con bibliografía axeitada. Os seminarios tamén se poden utilizar para expoñer os avances dos traballos tutelados.
Traballos tutelados Elaboración dun texto académico de certa extensión baseado en investigacións feitas nas áreas de estudo relacionadas co galego e coa comunicación audiovisual. Coa súa realización, o que se pretende é que o estudante se familiarice coa procura de documentación axeitada, que traballe de maneira crítica e analítica, e se habitúe aos estándares formais das publicacións académicas baixo a orientación do profesor.
Eventos docentes e/ou divulgativos Asistencia a conferencias, charlas ou outro tipo de eventos relacionados co ámbito da comunicación audiovisual e rexistro de notas ou apuntamentos destacados das exposicións dos participantes.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000